Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
lunes, 31 de octubre de 2011
Happy Halloween
Halloween ou Noite de Bruxas é unha festa que se celebra, principalmente en Estados Unidos, a noite do 31 de outubro. Ten orixe na festividade celta do Samhain e a festividade cristiá do Día de todos os santos. Déixovos o seguinte enlace, credes que os nenos e nenas poderían rirse do medo e á vez aprender un pouco de inglés? CLIK na seguinte fotografía.
viernes, 28 de octubre de 2011
E por que?
Conxunto de unidades didácticas de Educación para a saúde en infantil, que conteñen videos sinxelos sobre os perigos da vida no fogar. Está dispoñible no Portal Galego de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Estes videos tamén poden atoparse en Youtube:
Os pegamentos – As máquinas de barbear – Os alfinetes – O sol – Os petardos – O isqueiro – A cheminea – O radiador – As cremas cosméticas – O chan mollado – As esquinas de mobles – O microondas – A auga quente – Os electrodomésticos no baño – O forno – As mesas de vidro – O martelo – A serra – As pilas e baterías – Os dardos – As bebidas alcohólicas – As pílulas – As bolsas de plástico – Os coitelos – Onde sentar – Os enchufes – As portas – O xeo – O pasamáns – As cociñas – O batedor – Os medicamentos – As tesoiras – O cristal – Os caixóns – Ferramentas de traballo – Cociñar – Os animais – Os electrodomésticos – As cordas – Recoller – A electricidade – Os líquidos – As ferramentas – As ventás – Os mistos – Obxectos punzantes – Os xoguetes no chan – As coitelas – As alturas
jueves, 27 de octubre de 2011
miércoles, 26 de octubre de 2011
Vexetais
Angeles Vidal profesora de Educación infantil recoméndanos este pps do conto "Que tal vegetal". Di que aos nenos gústalle moito, espero que a vós tamén.
Vexetais
View more presentations from iesotero.
martes, 25 de octubre de 2011
Para ter opinión sobre educación debemos escoitar o que pensan outros
Crear hoy las escuelas de mañana
Revolución educativa
Revolución educativa
lunes, 24 de octubre de 2011
Ama o que fagas. In memoriam de Steve Jobs
O discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford no 2005 é un dos vídeos máis vistos da historia en You tube. A claridade das súas mensaxes, sen dúbida, deixa unha fonda pegada. O 5 de octubro, día da súa morte, alguén me comentou que volo recomendase.
"Sigan famentos, sigan aloucados"
"Sigan famentos, sigan aloucados"
sábado, 22 de octubre de 2011
Acción contra a fame
Andrea, unha alumna miña do ano pasado, mandoume o seguinte video que quero compartir con todos vos.
jueves, 20 de octubre de 2011
miércoles, 19 de octubre de 2011
O touro Ferdinando
A historia de Ferdinando é a obra máis coñecida do norteamericano Munro Leaf, ilustrada por Robert Lawson. Foi levada aos debuxos animados por Disney e premiada cun Oscar en 1938.
Despois de ver este curto que competencias poden traballarse no aula?
Despois de ver este curto que competencias poden traballarse no aula?
martes, 18 de octubre de 2011
Obxectivo deste blog de blogs
Creo que de cando en vez é necesario recordar os obxectivos deste blog de blogs. Déixovos un vídeo do coro virual de Eric Whitacre que fai obvio calquera comentario.
lunes, 17 de octubre de 2011
En España o Colectivo Harimaguada de Canarias traballaba na década dos noventa a Educación afectivo-sexual
Obxetivos,contidos e actividades da Unidade didáctica titulada " A nosa orixe":
Que vos parece esta forma de traballar de fai máis de dez anos?
Tamén podedes descargar o pdf da Unidade Didáctica na carpeta de documentos de Faitic no archivo titulado: Educación Afectivo-Sexual en la Educación Infantil Nuestro origen.Colectivo Harimaguada (1999)
domingo, 16 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

