
Os educadores aseguran que os nenos dedican cada vez menos tempo a xogar. Ocupan a maioría do seu tempo en actividades extraescolares como o inglés ou as matemáticas onde fomentar a súa capacidade intelectual. Buscan distracción na televisión ou os videoxogos. Pero abandonan o xogo no que teñen que imaxinar e que serve para madurar emocionalmente. Xogar non é só unha actividade lúdica senón que estimula o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Un neno que xogou na infancia será un adulto que saberá resolver os seus conflitos. A falta de oportunidades para xogar pode impedir que un neno creza integrado e feliz. Psicólogos e educadores interésanse cada vez máis polo xogo. fomos demasiado lonxe na dirección de ensinar aos nenos unicamente a competir. E os adultos?, tamén deberiamos recuperar o pracer de xogar? Como nos beneficia xogar?
Para ver o video clik aquí
Fonte:http://www.rtve.es/alacarta/videos/tres14/tres14-videojuegos-curan/1253677/

