Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
sábado, 27 de octubre de 2012
jueves, 25 de octubre de 2012
Traballemos o medo no Samaín
O medo é unha emoción primaria que se deriva da aversión natural ás ameazas. Desde o punto de vista biolóxico constitúe un mecanismo de defensa xurdido para permitirlle aos animais responder ante situacións de perigo con rapidez. Pénsase que moitos medos son practicamente universais, instintivos e innatos.
Os nenos, ao longo do seu desenvolvemento, padecen e experimentan numerosos medos e considérase que son un compoñente do seu desenvolvemento, que lles proporciona medios de adaptación a situacións variadas. Con todo, cando este medo é desadaptativo (non obedece a ningunha causa real de perigo potencial ou se sobrevaloran as posibles consecuencias) o resultado é un enorme sufrimento por parte do neno que o padece e pode condicionar o seu funcionamento e alterar sensiblemente a súa capacidade para afrontar situacións cotiás (ir durmir, ir á escola, estar só, etc).
No caso dos nenos da Educación Infantil o medo á escola, á escuridade, ás catástrofes aos seres imaxinarios (bruxas, pantasmas, entre outros), poden converterse nos temas centrais. A escola pode ser un bo lugar para tratar os medos de forma natural. Moitos destes medos ven inducidos polo ambiente externo como os contos, as películas, etc. e outros están fundados en experiencias negativas do neno, e de feito poden servir como alarma para identificar situacións dalgúns malos tratos ou abuso.
Na etiqueta do blog Educación emocional podedes atopar actividades para traballar o medo. Aquí déixovos un estupendo curto de animación sen palabras, gañador do premio Goya 2011 na súa categoría. Cando o vexadas dirédesmes que vos parece.
Vitaminas tenras
Despois do que falamos hoxe en clase non puiden deixar de porvos o seguinte vídeo tan tenro:
miércoles, 24 de octubre de 2012
lunes, 22 de octubre de 2012
Xente con vida
Xente con Vida liderada pola Consellería de Sanidade. Xente con Vida céntrase na Alimentación Saudable e trata todo tipo de asuntos relacionados con esta temática, sempre con información fiable elaborada por expertos do sistema sanitario galego. Queres ser Xente con Vida? A iniciativa está presente en web, blog, Facebook e Twitter. 

sábado, 20 de octubre de 2012
miércoles, 17 de octubre de 2012
domingo, 14 de octubre de 2012
Escola de sentimentos
Un grupo de mestres realizou esta proposta para traballar, a través dos contos, a resolución de conflictos, la amizade, o amor, a tristeza, a felicidad, os celos, o medo...
viernes, 12 de octubre de 2012
miércoles, 10 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
Por que é tan díficil falar de sexualidade cos máis cativos?
Déixovos algúns elaces interesantes:
- Serie de vídeos didácticos para Infantil de Educación afectivo-sexual "Pablito y Virginia"
- Unidade didáctica o noso corpo e Conto o Nacimento de Sara do Colectivo Harimaguada
- Estereotipos sexuais "El príncipe ceniciento" e Desde a escola podemos facer que isto cambie
domingo, 7 de octubre de 2012
Voy a terminar la escuela
La Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI) y Obra Social Caja Madrid presentan la campaña Voy a terminar la Escuela, con la que ambas organizaciones pretenden motivar a los jóvenes estudiantes de entre 12 y 18 años a continuar en la escuela y finalizar sus estudios, como elemento fundamental en su desarrollo profesional y personal.
Vídeos gañadores dun concurso
A partir de hoxe vou subir ao blog entradas que os poden dar ideas para o deseño da vosa Unidade Didáctica. Rocordade as actividades deben ser creativas, variadas e que respondan as competencias esixidas.
viernes, 5 de octubre de 2012
martes, 2 de octubre de 2012
Para reflexionar
Aínda que este curto está incluído noutro post, editeino porque é algo sobre o que todos os docentes debemos de reflexionar e moito.
Paula Pérez Martín, alumna do ano pasado, invítanos a reflexionar e a comentar o seu vídeo.
Fontes de información: web onde está o conto que adaptei http://www.adelat.org/index.php?title=la-flor-roja-con-el-tallo-verde&more=1&c=1&tb=1&pb=1 e imaxes de google
Paula Pérez Martín, alumna do ano pasado, invítanos a reflexionar e a comentar o seu vídeo.
Fontes de información: web onde está o conto que adaptei http://www.adelat.org/index.php?title=la-flor-roja-con-el-tallo-verde&more=1&c=1&tb=1&pb=1 e imaxes de google
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


