lunes, 28 de noviembre de 2011

Cambio Climático e saúde


A XVII conferencia da ONU sobre cambio climático quedou inaugurada hoxe en Durban. "Terá un obxectivo básico lograr que se prolongue a vixencia do Protocolo de Kioto, que culminaría en 2012, ata 2020. A pesar de que este protocolo entrou en vigor en 2005 pouco se avanzou e actualmente o cambio climático é o maior reto ao que a humanidade ten que facer fronte neste século. Calcúlase que 300.000 persoas morren cada ano por mor dos seus efectos, e 325 millóns delas ven prexudicadas. Polo xeral, son as poboacións dos países en desenvolvemento as que máis sofren as consecuencias da deterioración ambiental. Segundo o Informe de Desenvolvemento Humano publicado en novembro por Nacións Unidas, os avances nos países máis empobrecidos do mundo poderían frearse ou retroceder se non se toman medidas decididas para frear o cambio climático. A pesar de ser os máis afectados, os países en desenvolvemento emiten moitos menos gases de efecto invernadoiro. O principio de responsabilidades comúns pero diferenciadas debe ser un dos fundamentos que rexan a loita contra o cambio climático xa que recoñece que, aínda que é unha obrigación conxunta frear o arrequecemento global, non todos os estados teñen as mesmas responsabilidades nin sofren os seus efectos en mesmo grao".

Fonte: http://www.oei.es/divulgacioncientifica/spip.php?article280

Hábitos saudables

O xogo dos alimentos




A escola tería que cambiar isto

domingo, 27 de noviembre de 2011

Os alimentos



Fonte:


http://www.rena.edu.ve/nivelInicial/alimentos/act02.html

Coque y Puma

Videos ben valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil que traballan a prevención do tabaco.



1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saúde
Cultura e vida en Sociedade
Expresión plástica e musica

Autores:Iago Vizcaya Losada, Efrén Martínez Barja,Víctor Hugo Maceira Prieto,José David Pereira Bello e Manuel Seguín Fidalgo.

sábado, 26 de noviembre de 2011

A ira

Un dos videos mellor avaliado polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil titúlase "A ira" . Valorase ademais as modificacións tendo en conta as suxestións comentadas na clase.


Foi realizado por Alba Salgado Pérez

Ciclo: 2º ciclo
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe e a actividade cotiá.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.
Fontes de documentación:
Google imágenes
Libro: La autoestima ¿Cómo desarrollarla?
http://www.youtube.com/watch?v=paiSzkmCNb8
http://www.definicionabc.com/salud/ira.php
http://kidshealth.org/kid/en_espanol/sentimientos/anger_esp.html
http://www.violetamonreal.com

A tristeza

Un dos videos máis valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil titulase "A tristeza" realizado por Laura Vázquez González



Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas propias limitacións.
Fonte de documentación: http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/mirando-por-la-ventana e imaxes propias.

viernes, 25 de noviembre de 2011

Malos tratos e mocidade, cifras preocupantes

Segundo un estudo presentado onte pola Federación de Mujeres Progresistas (FMP), o 80% dos mozos cre que a moza debe compracer ao seu noivo. Este informe, elaborado a partir de 1.396 entrevistas ao alumnado de secundaria de Madrid e Burgos, reflexa que máis do 40% considera que o mozo ten a obrigación de protexer a súa parella e cerca do 60% está de acordo en que os celos son normais nunha relación.
As opinións dos mozos denotan situacións de control por parte deles e de submisión por parte delas, o que pode supor o preludio de episodios considerados de violencia de xénero.


A PREVENCIÓN DEBE EMPEZAR CANTO ANTES!!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...