viernes, 13 de enero de 2012

Ata o próximo curso


Agora ninguén educa a ninguén, así como tampouco ninguén se educa a se mesmo, os homes edúcanse en comunicación e o mundo é o mediador. Paulo Freire


Panel de Paulo Freire en Campinas, São Paulo


domingo, 18 de diciembre de 2011

Bon Nadal e feliz ano con tres eses

Como xa van rematar as clases quero felicitarvos estas festas dun xeito un pouco atípico: A chistmas story.

Preguntarédesvos o por que das tres eses... deséxovos un 2012 SAUDABLE, SOLIDARIO E SOSTIBLE. Podería por outra S, pero mellor vos remito o tema 4 do programa, xa me diredes cal encontrades... será na que estou pensando eu?.



Nomofobia


O 8% dos universitarios españois sofre medo irracional a non levar encima o móbil A nomofobia (abreviatura da expresión inglesa “no-mobile-phone phobia”),non é unha enfermidade en si, senón un síntoma máis da adicción ao móbil. Segundo unha investigadora da Universidade de Granada, unha baixa autoestima, problemas coa aceptación do propio corpo e déficit en habilidades sociais e en resolución de conflitos favorecen a aparición deste trastorno. Esta é unha nova razón para traballar cuanto antes estas competencias na educación.
A experta en adiccións e directora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Granada, Francisca López Torrecillas, destaca que, a pesar de que algúns autores sinalan á nomofobia como unha das últimas enfermidades provocadas polas novas tecnoloxías, esta é só un síntoma máis da adicción ao móbil leer máis.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Aprendizaxe entre iguais


Fonte:http://mariacoleinfantil.blogspot.com/2010/11/clase-magistral-de-jose-angel.html

jueves, 15 de diciembre de 2011

Nacidos para aprender

Born to Learn é o primeiro dunha serie fascinante de animación co obxectivo de prover acceso aos novos descubrimentos realizados sobre como aprendemos.As ideas parten dun libro de John Abbott no que trata de mirar á adolescencia como unha oportunidade e non un problema.

martes, 13 de diciembre de 2011

Dale la vuelta: proxecto de educación para o consumo en educación infantil


"Dale la vuelta" é unha proposta centrada na educación emocional e cun enfoque desde as competencias básicas, que pretende darlle a volta ao consumismo.




Neste documento establécese o marco teórico de como levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor ofrecendo orientacións e exemplos de como tratar o consumo responsable desde o proxecto educativo do centro infantil, desde cada un dos equipos de dinamización presentes nas escolas, desde a biblioteca escolar ou desde o aula, en estreita colaboración coas familias e con outros servizos que atenden ás nenas e nenos galegos no seu día a día. Así mesmo, recolle tres ejemplificaciones didácticas nas que se mostra como traballar a educación para o consumo en cada un dos niveis do 2º ciclo de EI. Todo iso cunha chea de enlaces que amplían e complementan a información.






"Area cumpre 6" é un conto interactivo que se pode descargar aqui.




domingo, 11 de diciembre de 2011

Homes e mulleres

Os animais tardan minutos en elixir parella. Os humanos, con todo, necesitamos ata ano e medio. É a fase do amor romántico. Un ritual de cortexo no que vemos ao outro como alguén especial. Un alto nivel de dopamina no cerebro fai que ignoremos os defectos do noso amante. Outras dúas hormonas, a vasopresina e a oxitocina, encárganse de estimular lazos coa parella. O desexo e a confianza, ou os celos e a incomprensión, todo sucede nos cerebros de mulleres e homes. Por iso pode estudarse cientificamente. Uns como a neurobióloga Mara Dierssen e o escritor Allan Pease analizan como senten e relaciónanse mulleres e homes. Outros como a prestixiosa antropóloga neoiorquina Helen Fisher, estuda a química do amor. O programa tres14 fala con eles para saber en que nos parecemos os homes e as mulleres? como reacciona o cerebro cando nos namoramos? cal é a fórmula das parellas que duran? en que se fixan os homes?.
Ademais neste programa fálase do amor químico; somos tan diferentes os homes e as mulleres?; na orixe todos somos femias?; o amor é universal?; por que o bico é o símbolo do amor?; nacen máis nenas que nenos?; cal é a orixe do matrimonio?...

Click aqui

Fonte: http://www.rtve.es/television/20101122/hombres-mujeres---tres14/373559.shtml

Calquera xogo é saudable?

Como xa vimos noutra entrada o xogo representa un papel moi importante no desenvolvemento psicomotriz, cognitivo e afectivo-social dos nenos e nenas. Pero, calquera xogo é válido?
Déixovos unhas viñetas para reflexionar.





viernes, 9 de diciembre de 2011

A coeducación na Educación infantil

No seguinte documento amósanse pautas orientadoras para tratar a Coeducación na Educación Infantil. Xustifícase a necesidade de comezar unha educación non sexista nos primeiros anos de vida. analizando como se adquiren os roles e estereotipos de xénero, os factores que inflúen na súa aprendizaxe, así como o papel que para a infancia xogan as persoas adultas como modelos na adquisición dos mesmos. Acontinuación, inténtase analizar os distintos elementos curriculares desde o punto de vista da coeducación, facendo suxestións respecto da súa análise e tratamento, intentando relacionalos co Proxecto de Centro, Proxecto Curricular e Proxecto de Aula.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...