jueves, 29 de septiembre de 2011

Unha cita de Bernard Shaw pode expresar o principal obxectivo deste blog de blogs


"Se ti tes unha mazá e eu teño unha mazá e intercambiamos mazás, entón tanto ti como eu seguimos tendo unha mazá, pero se ti tes unha idea e eu teño unha idea e intercambiamos ideas, entón ambos temos dúas ideas".
Bernard Shaw

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Lipdub

Aquí tedes o lipdub que grabaron no CEIP Pio XII de Santiago, todo un reto... Ser capaz de coordinar a tanta xente, por suposto, unha acción moi saudable.


Fonte:http://www.edu.xunta.es/centros/ceippio12/category/6/18/85

Ao longo da nosa traxectoria escolar todos temos experiencias deste tipo

Di Santos Guerra non post anterior "para que se dea a aprendizaxe o coñecemento ten que conectar cos saberes previos do aprendiz". Déixovos un debuxo do psicopedagogo Francesco Tonucci onde expresa a mesma idea pero gráficamente.





View more documents from iesotero.

martes, 27 de septiembre de 2011

A arte de provocar o desexo de saber

Seguindo coa aprendizaxe significativa, recoméndovos ler o seguinte texto dun blog, moi, moi interesante, do profesor Miguel Angel Santos Guerra.




lunes, 26 de septiembre de 2011

Educación para a saúde non formal

Educación non formal é aquela que sendo intencional, non leva a cabo en institucións educativas e plans de estudo recoñecidos oficialmente, senón por outro tipo de entidades e colectivos como asociacións, ONGs, etc.

sábado, 24 de septiembre de 2011

Aprendizaxe por imitación

Aitor Barbosa Glez no seu post do blog Educacion afectivo sexual en Educación Infantil afirma; "No hay que olvidar que la gran mayoría de los aprendizajes infantiles se dan por imitación". Cando lin esa frase veume a mente un video que vos deixo e que espero incite a reflexión e os comentarios.

Un estudo en EEUU indica que a separación de nenos e nenas nas aulas fomenta o sexismo

O estudo, realizado en EEUU e publicado na revista Science (The Pseudoscience of Single-Sex Schooling*), sostén que a segregación nas aulas fomenta o sexismo entre os nenos e reforza os estereotipos de xénero. Os investigadores, liderados por Diane F. Halpern, do Claremont McKenna College (California), sinalan que este tipo de colexios lexitiman o sexismo institucional.
Ademais, aseguran que ir a clase con persoas do mesmo sexo non mellora os resultados académicos, como defenden os partidarios de separar a nenos e nenas na escola. O estudo fai referencia tamén a outras investigacións no campo da neurociencia que non atoparon probas de que as diferenzas nos cerebros de mozos e mozas xustifiquen o uso de distintos métodos de ensino. As diferenzas achadas na estrutura cerebral de nenos e nenas, sinalan, non teñen relación coa aprendizaxe. Concluindo que calquera forma de segregación mina a igualdade en lugar de promovela.
*Science 23 September 2011: Vol. 333 no. 6050 pp. 1706-1707

Educar segundo Rubem Alves

Reflexión sobre a educación baseada nos pensamentos de Rubem Alves, educador, teólogo e escritor brasileiro.

Todo mestre/a debe saber...

Esta imaxe foi extraída dun traballo realizado polas alumnas María Isabel Seoane Lorenzo e María Gregorio Sobrino, no curso 2010- 2011.

Comeza a nosa andaina


"Moita xente pequena
en moitos lugares pequenos
farán cousas pequenas
que transformarán o mundo"
(Proverbio africano)