Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario.
Un saúdo.
miércoles, 28 de septiembre de 2011
Lipdub
Aquí tedes o lipdub que grabaron no CEIP Pio XII de Santiago, todo un reto... Ser capaz de coordinar a tanta xente, por suposto, unha acción moi saudable.
Boas Tardes, A verdade é que encantoume o vídeo, impresionante o ver tanta xente unida e disfrutando nas aulas. Si moitas veces fálase de que nas aulas non se fai nada interesante que os nenos se aburren e este é un dos moitos exemplos de que non é verdade. Ese é un dos retos que temos, o mostrar as cousas para que resulten interesantes aos nenos e se é así, eles devolveranos con creces todo o noso esforzo. Un saúdo David Bobillo Añel
Gustoume moito o vídeo,ver como un colexio enteiro é capaz de organizarse, coordinarse e traballar todos en equipo, mostrando ao público o bo clima que se respira tanto dentro como fóra das aulas, sen esquecer o ben que o deberon pasar para lograr facer este lipdub.Isto debería servirnos para reflexionar e ver que con esforzo e traballo todo é posible, e que a clave está nestes/as nenos/as pois ao fin e ao cabo son os máis pequenos os que conseguirán facer grandes cousas.
A técnica do lipdub paréceme unha moi boa idea para traballar con nenos de diferentes idades, dende os máis pequenos aos máis maiores. E unha opción divertida e orixinal que permite levar a cabo un traballo en equipo, que precisa de colaboración e axuda mutua por parte de todos para que o resultado sexa bo. Tamén debemos ter en conta que é unha actividade diferente ao que normalmente os nenos están acostumados a facer na escola e polo tanto rompe a monotonía das clases e chamará a súa atención; e todos sabemos(por experiencia propia) que cando unha actividade chama a atención dun neno este esforzarase ó máximo e porá nela os cinco sentidos, o que lle permitirá enriquecerse e aprender moito máis da experiencia.
A verdade, gustoume moito este video pero máis que iso sorprendeume pola idade que teñen os nenos e nenas. Se ben é certo xa tiña visto algún que outro con estas características e empregando a técnica do lipdub, que tan de moda se puxo nos últimos anos, pero sempre os protagonistas eran xóvenes e persoas adultas. Non obstante pareceme unha idea moi productiva e ao mesmo tempo moi laboriosa xa que é notable que detrás de todo esto existe un forte traballo por parte dos docentes e outro personal pero que sen dúbida acadaron o seu obxetivo. Na miña opinion creo que é importante que dende idades tempranas os nenos e nenas interioricen o que é a cooperación e observen en primeira persoa que só se todos/as realizan un traballo conxunto e poñen da súa parte, lograrán un bo resultado.
Encantoume o vídeo. Penso que é un moi bo exemplo de que co esforzo de todos se pode conseguir o que se pretende, xa que no vídeo aparecen persoas de diversas idades e todas se compenetran moi ben para acadar o magnífico resultado. A pesar de que non levo visto moitos vídeos deste tipo, impresionoume a boa organización e estruturación para levarnos por todos os recunchos do centro con tanta fluidez e aparente facilidade. Grazas a vídeos así demostrase que o traballo en equipo é eficaz sempre que se poña empeño por parte de todos os compoñentes e unha boa organización como é neste caso.
Só nha palabra pode definir a labor que os docentes fixeron, IMPRESIONANTE!! É tan complicado coodinar a tanta xente en tan só unha canción, e máis se son nenos e nenas de idade tan reducida, a segunda canción xa non me parece nin a metade de complicado porque son máis maiores xa. Merécense unha boa felicitación por parte de todo o mundo
O vídeo encantoume, está moi ben feito e mostra unha gran coordinación; vira traballos deste tipo, pero non feitos en escolas. Moitas veces, este tipo de proxectos non se levan a cabo nas aulas, porque cremos que os cativ@s non serán capaces de atender as pautas, de organizarse,... porén, este centro demóstranos que con esforzo e traballo (o cal seguramente foi enorme)podemos realizar actividades distintas e atraentes para os nen@s, mostrando así mesmo a gran compenetración entre docentes, alumnos e demais persoal.
Considero que é un vídeo increíble porque o que se aprecia nel é algo moi dificil de facer xa que a colaboración e coordinación entre tanta xente e entre nenos de tan pequena idade é moi complicado. Por outro lado dicir que é moi importante ensinarlle aos nenos dende idades tempranas a traballar en equipo porque así é todo un éxito.
Boas Tardes,
ResponderEliminarA verdade é que encantoume o vídeo, impresionante o ver tanta xente unida e disfrutando nas aulas. Si moitas veces fálase de que nas aulas non se fai nada interesante que os nenos se aburren e este é un dos moitos exemplos de que non é verdade. Ese é un dos retos que temos, o mostrar as cousas para que resulten interesantes aos nenos e se é así, eles devolveranos con creces todo o noso esforzo.
Un saúdo
David Bobillo Añel
Nunha escola é impresindible a figura dos dinamizadores, esta figura non existe pero a Consellería debía creala por lei, non si?
ResponderEliminarEsto si que é motivar o alumnado e fomentar o traballo colaborativo tanto e mestres como nos alumnos. Merecense un aplauso!
ResponderEliminarGustoume moito o vídeo,ver como un colexio enteiro é capaz de organizarse, coordinarse e traballar todos en equipo, mostrando ao público o bo clima que se respira tanto dentro como fóra das aulas, sen esquecer o ben que o deberon pasar para lograr facer este lipdub.Isto debería servirnos para reflexionar e ver que con esforzo e traballo todo é posible, e que a clave está nestes/as nenos/as pois ao fin e ao cabo son os máis pequenos os que conseguirán facer grandes cousas.
ResponderEliminarA técnica do lipdub paréceme unha moi boa idea para traballar con nenos de diferentes idades, dende os máis pequenos aos máis maiores. E unha opción divertida e orixinal que permite levar a cabo un traballo en equipo, que precisa de colaboración e axuda mutua por parte de todos para que o resultado sexa bo.
ResponderEliminarTamén debemos ter en conta que é unha actividade diferente ao que normalmente os nenos están acostumados a facer na escola e polo tanto rompe a monotonía das clases e chamará a súa atención; e todos sabemos(por experiencia propia) que cando unha actividade chama a atención dun neno este esforzarase ó máximo e porá nela os cinco sentidos, o que lle permitirá enriquecerse e aprender moito máis da experiencia.
A verdade, gustoume moito este video pero máis que iso sorprendeume pola idade que teñen os nenos e nenas. Se ben é certo xa tiña visto algún que outro con estas características e empregando a técnica do lipdub, que tan de moda se puxo nos últimos anos, pero sempre os protagonistas eran xóvenes e persoas adultas.
ResponderEliminarNon obstante pareceme unha idea moi productiva e ao mesmo tempo moi laboriosa xa que é notable que detrás de todo esto existe un forte traballo por parte dos docentes e outro personal pero que sen dúbida acadaron o seu obxetivo. Na miña opinion creo que é importante que dende idades tempranas os nenos e nenas interioricen o que é a cooperación e observen en primeira persoa que só se todos/as realizan un traballo conxunto e poñen da súa parte, lograrán un bo resultado.
Encantoume o vídeo. Penso que é un moi bo exemplo de que co esforzo de todos se pode conseguir o que se pretende, xa que no vídeo aparecen persoas de diversas idades e todas se compenetran moi ben para acadar o magnífico resultado.
ResponderEliminarA pesar de que non levo visto moitos vídeos deste tipo, impresionoume a boa organización e estruturación para levarnos por todos os recunchos do centro con tanta fluidez e aparente facilidade. Grazas a vídeos así demostrase que o traballo en equipo é eficaz sempre que se poña empeño por parte de todos os compoñentes e unha boa organización como é neste caso.
Alba Salgueiro Fernández.
Só nha palabra pode definir a labor que os docentes fixeron, IMPRESIONANTE!! É tan complicado coodinar a tanta xente en tan só unha canción, e máis se son nenos e nenas de idade tan reducida, a segunda canción xa non me parece nin a metade de complicado porque son máis maiores xa. Merécense unha boa felicitación por parte de todo o mundo
ResponderEliminarO vídeo encantoume, está moi ben feito e mostra unha gran coordinación; vira traballos deste tipo, pero non feitos en escolas.
ResponderEliminarMoitas veces, este tipo de proxectos non se levan a cabo nas aulas, porque cremos que os cativ@s non serán capaces de atender as pautas, de organizarse,... porén, este centro demóstranos que con esforzo e traballo (o cal seguramente foi enorme)podemos realizar actividades distintas e atraentes para os nen@s, mostrando así mesmo a gran compenetración entre docentes, alumnos e demais persoal.
Un saúdo,
Paula
Considero que é un vídeo increíble porque o que se aprecia nel é algo moi dificil de facer xa que a colaboración e coordinación entre tanta xente e entre nenos de tan pequena idade é moi complicado. Por outro lado dicir que é moi importante ensinarlle aos nenos dende idades tempranas a traballar en equipo porque así é todo un éxito.
ResponderEliminar