A Educación Prohibida é unha película documental independente estreada en agosto do ano 2012. A mesma documenta experiencias educativas non convencionais en países de América Latina e España, onde están representadas institucións educativas con prácticas vinculadas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeschooling e outras referencias dentro da chamada pedagoxía progresista.O documental divídese en 10 episodios temáticos que abordan diversos aspectos das prácticas educativas no contexto escolar e fóra del. Ademais, o contido da obra compleméntase por animacións que ilustran cada episodio e por un relato que percorre toda a película.
Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
1 comentario:
Unha vez vista a película teño que dicir que a considero algo longa, xa que durante as dúas horas que dura, aproximadamente, transmite o mesmo. Son partidaria da fase "o bo se é brebe, dúas veces bo", a pesar de esta pequena crítica o documental gustoume moito e fíxome reflexionar bastante en moitos aspectos da educación actual.
Para suavizar un pouco a crítica que lle fago teño que dicir que se dura tanto e porque cada cousa que se explica con xente profesional vaise exemplificando con actores, o que considero que é unha táctica xenial.
Publicar un comentario