Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
miércoles, 21 de septiembre de 2011
Un mozo de 94 anos, cales son os posibles condicionantes da súa boa saúde?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Impresionante. Analiza o sistema económico no que nos atopamos inmersos cunha gran exactitude, aportando algo de esperanza as futuras xeracións, poderiamos dicir que é o único que confía nos mozos e as mozas para poder cambiar este sitema. Baixo o meu punto de vista unha das cousas que máis me serprendeu foi coa crítica que lle realiza a democracia, ya que sen darnos conta podemos estar pensando dunha maneira sistemática, reproducindo os moldes que outros nos introduxeron.
Alba Pieto
Que boa entrevista! paréceme sorprente que unha persoa de esa idade sexa capaz de manter ademáis dunha aparencia de envexa, esa mentalidade tan viva e moderna. No meu parecer máis incluso que a dalgún xoven actual. A súa forma de falar, empregando os termos exactos e facendo uso da ironía en moitas ocasións, invitanos a reflexionar e a pensar verdadeiramente sobre a situación actual e o futuro que nos agarda. Sen dúbida, a súa crítica e a seguridade nas súas palabras son claves para conseguir emprender cambios, aínda que sexan pequenos.
É verdadeiramente asombroso que unha persoa de tan elevada idade consiga seguir razoando desa maneira e de estar tan enteiro tanto física como mentalmente. Esta familiarizado coa actualidade en tódolos ámbitos e seguramente que coa súa experiencia nos poda aportar máis que a maioría da xente, é envidiable. O que me gustou tamén desta entrevista é que se lle ve ilusionado coa xeneración de xente nova que ven, cousa que poucas persoas o fan, e pareceme de destacar esta aposta pola xuventude.
Publicar un comentario