miércoles, 5 de diciembre de 2012

E por fín chegou o último día...


Estades no país dos que aínda teñen ilusión,  espero que cada un de vós escolla o mellor camiño. 
Deíxovos o enlace a un conto, que nos recomenda a vosa compañeira María Miguelez http://prezi.com/pfdrjc_nlet2/un-conto-sobre-inconformismo-e-proactividade/

HASTA SEMPRE... AS CLASES REMATAN PERO O BLOG SEGUIRÁ ABERTO PARA TODOS E TODAS.


Ferramentas e recursos

Páxinas interesantes con moitos recursos:




http://www.escuela20.com/material-didactico-recursos/recursos-tic/herramientas-20_289_1_ap.html






sábado, 1 de diciembre de 2012

La manzana que quería ser estrella

Xa estamos a rematar o cuadrimestre e gustaríame compartir con vos un post do profesor Santos Guerra que recolle moito do que falamos nos últimos días.

La manzana que quería ser estrella

REFLEXIÓN CARA UN COMPROMISO

O seguinte documento xurdiu a partir dos vosos comentarios sobre a educación actual e o seu posible cambio. Gustaríame que o lésedes e que comentedes se estades de acordo con todo o expresado e realicedes, se é o caso, as modificacións que vos parezan oportunas. O documento é voso e como tal hai que entendelo.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Urxente!!! Por se é do voso interese


O Sindicato Unificado de Policía vai a celebrar un curso de primeiros auxilios no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico o día 11 de decembro, en horario de 09 a 14 horas. Dende a organización, ofrécense dez prazas gratuítas para membros da comunidade universitaria. 

As persoas interesadas en anotarse a este curso deben enviar un e-mail a vicou@uvigo.es, indicando o seu nome e o DNI, antes do 4 de decembro.

O cen se existe

A continuación mostramos uns vídeos recomendado por Lucía Bolaño realizados con alumnos de infantil baseados na poesía de Loris Malaguzzi.

Los 100 lenguajes del niño
El niño está hecho de cien.
El niño tiene cien lenguas
cien manos
cien pensamientos
cien maneras de pensar
de jugar y de hablar
cien siempre cien
maneras de escuchar
de sorprenderse, de amar
cien alegrías
para cantar y entender
cien mundos
que descubrir
cien mundos
que inventar
cien mundos
que soñar.
El niño tiene cien lenguas
(y además de cien cien cien)
pero le roban noventa y nueve.
La escuela y la cultura
le separan la cabeza del cuerpo.
Le dicen:de pensar sin manos
de actuar sin cabeza
de escuchar y no hablar
de entender sin alegría
de amar y sorprenderse
sólo en Pascua y en Navidad.
Le dicen:
que descubra el mundo que ya existe
y de cien le roban noventa y nueve.
Le dicen:que el juego y el trabajo
la realidad y la fantasía
la ciencia y la imaginación
el cielo y la tierra
la razón y el sueño
son cosas que no van juntas
Y le dicen
que el cien no existe
El niño dice:"en cambio el cien existe".
Loris Malaguzzi



sábado, 24 de noviembre de 2012

Acosado por vestir pantalón rosa (no xornal El pais hoxe)

Educación inclusiva

Déixovos enlaces para traballar a educación inclusiva con nenos e nenas entre 3 e 6 anos: 6 episodios de "Zora soñadora". Estes curtos perseguen a reflexión sobre as diferentes capacidades e calidades das persoas, para chegar a aceptar esas diferenzas que nos enriquecen. Estes vídeos están secuenciados desde unha perspectiva pedagóxica e podemos dispor ademais dunha guía de orientacións didácticas.
 Déixovos oa primeiroa capítulos:








jueves, 22 de noviembre de 2012

Sexismo e uniforme escolar

Propóñovos a lectura dun artigo onde se cuestiona o uniforme escolar na escola pública, facendo énfase na diferenciación por sexos que tamén comporta. Cal é a túa opinión? Clik sobre a imaxe para lelo.


martes, 20 de noviembre de 2012

Día Universal dos Dereitos do neno




O Día Universal da Infancia (Universal Children's Day) celébrase todos os anos o 20 Novembro.
A partir de 1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituyera en todos os países un Día Universal do Neno, para consagrar á fraternidad e á comprensión entre os nenos do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.
O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Neno, desde entón nesta data celébrase o "Día Universal da Infancia".
Con esta declaración recoñécese por primeira vez a ciudadania dos nenos e nenas e téñense en conta tres aspectos fundamentais:
- Dereito a ser protexido fronte a certas clases de conduta (abandono, malostratos, explotación).
- Dereito a acceder a certos beneficios e servizos (educación, atención sanitaria, seguridade social).
- Dereito a realizar certas actividades e a participar nelas.



Canción de Unicef por el Día Mundial de los Derechos de la Infancia. Alumnos del colegio Virrey Morcillo de Villarrobledo

jueves, 15 de noviembre de 2012

Pedagoxia da morte

O outro día nun dos grupos mediano xurdiu o tema da morte na UD que traballaba as emocións.


 “Muchos adultos omiten, mienten, niegan, ocultan la verdad a los niños sobre la muerte, algunos porque no creen conveniente tratar el tema y otros porque piensan que no lo entenderían. Sin embargo nadie puede evitar la curiosidad de los infantes; ellos se interesan por todo lo que ocurre a su alrededor, se preguntan y buscan respuestas por sí solos, o recurriendo a las personas más cercanas.Uno de los errores más graves que pueden cometer los adultos es adoptar esta actitud de evasión, de ocultamiento, de negación o de mentira, ya que sin quererlo pueden generar en los niños, grandes confusiones, preocupaciones e incluso situaciones conflictivas al no permitirles elaborar la pérdida de un ser querido o una mascota, que son difíciles de superar. Otro de los errores, es creer que los niños necesitan vivir dentro de burbujas que los protejan de cualquier tipo de dolor, malestar o angustia. Es cierto que los niños no poseen los mismos pensamientos y visiones de los adultos; pero debemos reconocer que tienen habilidades para construir sus propias teorías y conocimientos para comprender el mundo en el que viven.
La realidad nos muestra que los niños son capaces de entender qué es la muerte. Para ellos la muerte es parte de la vida, es un suceso natural. La ven, la perciben, la viven… Como adultos, debemos transmitirles un mensaje de seguridad y confianza en el futuro, a la vez que brindar apoyo, contención e información auténtica. Nuestro deber es ayudarlos a expresarse y a canalizar sus emociones y sentimientos... la escuela puede contribuir en la formación de los niños brindando herramientas y conocimientos que favorezcan una mayor y mejor comprensión y aceptación de la realidad, que les permitan superar los miedos y adaptarse plenamente en el mundo en el que viven.”
GIRARDI N, SAN GILM, SANTILLÁ S (2009). “¿Qué piensan los niños acerca de la muerte y qué actitudes toman los adultos frente a esto?”. Revista e- Eccleston. Temas de Educación Infantil. Año 5. Número 12. 2° Cuatrimestre de 2009. http://ieseccleston.buenosaires.edu.ar/Revista12Girardi.pdf


Déixovos bibliografía sobre o tema:

- ARREGUI, J. (1992). El horror de morir: el valor de la muerte en la vida humana. Barcelona: Tibidabo Ediciones.

- BRAVO, S. (2000). ¿Todos los caracoles se mueren siempre? Cómo tratar la Muerte en Educación Infantil. Madrid: Ediciones de la Torre, S.A.

-CORTINA, M. y HERRÁN, A. de la (2011). Fundamentos para una Pedagogía de la muerte. Madrid: Universitas.

- HERRÁN, A. de la, y CORTINA, M. (2006): La muerte y su didáctica. Manual para educación infantil, primaria y secundaria. Madrid, Universitas.
-KÜBLER-ROSS, E. (1993). Los niños y la muerte. Barcelona: Ediciones Luciérnaga.

-POCH, CONCEPCIÓ Y HERRERO, O. (2003). La muerte y el duelo en el contexto educativo. Barcelona: Paidós.

martes, 13 de noviembre de 2012

Aprender a relaxarse

Hoxe no segundo grupo falamos da importancia de enseñar aos máis cativos a relaxarse. A proposta é o ioga. Os nenos aprenderán a enfrontarse ás situacións conflitivas e á falta de concentración. Ademais achégalles forza, mobilidade e elasticidade. Despois de ver o video cres que esta disciplina física e mental pode ser interesante na Educación Infantil?

domingo, 11 de noviembre de 2012

Transplantes de órganos

O outro día falamos na clase que o día 28 viría ao aula o coordinador de transplantes de Ourense a falarnos sobre este tema. Saíu a colación unha noticia recente sobre esta cuestión. Como algúns non a conociades déixovola e tamén a acompaño da analoxía da tetera de Russel para que reflexionedes.



"Se eu suxerise que entre a Terra e Marte hai unha tetera de porcelana que vira ao redor do Sol nunha órbita elíptica, ninguén podería refutar a miña aseveración, sempre que me coidase de engadir que a tetera é demasiado pequena como para ser vista aínda polos telescopios máis potentes. Pero se eu dixese que, posto que a miña aseveración non pode ser refutada, dubidar dela é dunha presuntuosidad intolerable por parte da razón humana, pensaríase con toda razón que estou dicindo bobadas. Con todo, se a existencia de tal tetera afirmásese en libros antigos, se se ensinase cada domingo como verdade sacra, se se instalase na mente dos nenos na escola, a vacilación para crer na súa existencia sería un signo de excentricidade, e quen dubidase merecería a atención dun psiquiatra nun tempo iluminado, ou a do inquisidor en tempos anteriores".
Bertrand Russell.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Para cando teñades un tempiño

María Miguelez invítanos a ver esta película. A min recomendouma, fai anos, unha grandísima profesional da docencia que por desgraza xa non está en presenza, pero sempre estará no meu recordo Begoña Muñoz.

Hai unha boa introdución na páxina de Enrique Martínez-Salanova que ten moita información sobre a plícula. 

domingo, 28 de octubre de 2012

A Educación prohibida



A Educación Prohibida é unha película documental independente estreada en agosto do ano 2012. A mesma documenta experiencias educativas non convencionais en países de América Latina e España, onde están representadas institucións educativas con prácticas vinculadas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeschooling e outras referencias dentro da chamada pedagoxía progresista.O documental divídese en 10 episodios temáticos que abordan diversos aspectos das prácticas educativas no contexto escolar e fóra del. Ademais, o contido da obra compleméntase por animacións que ilustran cada episodio e por un relato que percorre toda a película.

Só é o principio

SÓ É O PRINCIPIO é unha película documental sobre clases de Filosofía para Nenos, captado con calidez e sensibilidade, na senda de Ser e ter de Nicolas Philibert, que promove á reflexión sobre a nosa capacidade ética, social e humana, e sobre a importancia dunha boa educación desde a infancia. Os expresivos e vitais protagonistas chámanse Azouaou, Abderhamène, Louise, Shana, Kyria ou Yanis. Teñen entre 3 e 4 anos cando, xuntos, expón libremente, coas súas emocións e contradicións, as súas ideas sobre o amor, a liberdade, o liderado, a intelixencia, a morte... Ao longo dun curso, sentados nun círculo ao redor dunha vela acesa, con axuda da súa mestra Pascaline, aprenden a expresarse, a escoitarse mutuamente e a coñecerse mellor. Entre todos fan filosofía, reflexionan sobre temas importantes, a miúdo esquecidos na nosa sociedade. Non hai estudantes bos nin malos: o fundamental é pensar por si mesmos. Os nenos falan coas súas propias palabras, cheas de espontaneidade, humor, lóxica e poesía; cargadas en moitas ocasións dun incrible e envexable sentido tolerante e cívico.

Estrenouse o 7 de setembro de 2012, eu non a vin pero ten moi boa pinta. Déixovos o trailer.

jueves, 25 de octubre de 2012

Traballemos o medo no Samaín

O medo é unha emoción primaria que se deriva da aversión natural ás ameazas. Desde o punto de vista biolóxico constitúe un mecanismo de defensa xurdido para permitirlle aos animais responder ante situacións de perigo con rapidez. Pénsase que moitos medos son practicamente universais, instintivos e innatos.
Os nenos, ao longo do seu desenvolvemento, padecen e experimentan numerosos medos e considérase que son un compoñente do seu desenvolvemento, que lles proporciona medios de adaptación a situacións variadas. Con todo, cando este medo é desadaptativo (non obedece a ningunha causa real de perigo potencial ou se sobrevaloran as posibles consecuencias) o resultado é un enorme sufrimento por parte do neno que o padece e pode condicionar o seu funcionamento e alterar sensiblemente a súa capacidade para afrontar situacións cotiás (ir durmir, ir á escola, estar só, etc).
No caso dos nenos da Educación Infantil o medo á escola, á escuridade, ás catástrofes aos seres imaxinarios (bruxas, pantasmas, entre outros), poden converterse nos temas centrais. A escola pode ser un bo lugar para tratar os medos de forma natural. Moitos destes medos ven inducidos polo ambiente externo como os contos, as películas, etc. e outros están fundados en experiencias negativas do neno, e de feito poden servir como alarma para identificar situacións dalgúns malos tratos ou abuso.

Na etiqueta do blog Educación emocional podedes atopar actividades para traballar o medo. Aquí déixovos un estupendo curto de animación sen palabras, gañador do premio Goya 2011 na súa categoría. Cando o vexadas dirédesmes que vos parece.



Vitaminas tenras

Despois do que falamos hoxe en clase non puiden deixar de porvos o seguinte vídeo tan tenro:

lunes, 22 de octubre de 2012

Xente con vida

Xente con Vida liderada pola Consellería de Sanidade. Xente con Vida céntrase na Alimentación Saudable e trata todo tipo de asuntos relacionados con esta temática, sempre con información fiable elaborada por expertos do sistema sanitario galego. Queres ser Xente con Vida? A iniciativa está presente en web, blog, Facebook e Twitter.


domingo, 14 de octubre de 2012

Escola de sentimentos

Un grupo de mestres realizou esta proposta para traballar, a través dos contos, a resolución de conflictos, la amizade, o amor, a tristeza, a felicidad, os celos, o medo...

domingo, 7 de octubre de 2012

Voy a terminar la escuela

La Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI) y Obra Social Caja Madrid presentan la campaña Voy a terminar la Escuela, con la que ambas organizaciones pretenden motivar a los jóvenes estudiantes de entre 12 y 18 años a continuar en la escuela y finalizar sus estudios, como elemento fundamental en su desarrollo profesional y personal.


Vídeos gañadores dun concurso

A partir de hoxe vou subir ao blog entradas que os poden dar ideas para o deseño da vosa Unidade Didáctica. Rocordade as actividades deben ser creativas, variadas e que respondan as competencias esixidas.




martes, 2 de octubre de 2012

Para reflexionar

Aínda que este curto está incluído noutro post, editeino porque é algo sobre o que todos os docentes debemos de reflexionar e moito.



Paula Pérez Martín, alumna do ano pasado, invítanos a reflexionar e a comentar o seu vídeo.



Fontes de información: web onde está o conto que adaptei http://www.adelat.org/index.php?title=la-flor-roja-con-el-tallo-verde&more=1&c=1&tb=1&pb=1 e imaxes de google

jueves, 27 de septiembre de 2012

Educación creativa


A falta de creatividade e innovación do actual sistema educativo é un dos principais temas tratados nos dous vídeos seguintes:



lunes, 24 de septiembre de 2012

martes, 18 de septiembre de 2012

Dropbox na aula


Invítovos a que exploredes o seguinte recurso de interese,moito máis que un disco duro virtual, un espazo de troco ou unha biblioteca. Creo que será de gran utilidade para o traballo en grupo.

http://www.plataformaproyecta.org/recurso/dropbox-na-aula

Andaluna y Samir


viernes, 14 de septiembre de 2012

Daríalles as grazas a alguen?

Mª Paz déixonos nun comentario o enlace dun vídeo que me fixo vir á memoria outro. Déixovolo e oxalá que os que tedes vocación docente podades desenvolvela e sintades o recoñecemento do voso traballo ao longo da vosa vida.

jueves, 13 de septiembre de 2012

Os segredos dunha longa vida

Onte preguntei en clase cales eran os factores que permitiron chegar a unha idade tan lonxeva e cunha calidade de vida tan alta, a persoas como Rita Levi Montalcini ou a José Luís Sampedro (sorprendeume que non coñecésedes a estes personaxes). Que pensan os científicos sobre este tema? Un vídeo do programa Redes poderá contestarnos esta pregunta. Os vosos comentarios serán ben recibidos.


Tania Suárez deixounos este relato e a siguinte imaxe que vos fará sonreir:

Un doctor salio a caminar una mañana y vio a la viejita de la foto, sentada en la banqueta fumando un cigarro; se le acerco y le pregunto:

"No pude evitar ver lo feliz que se ve, ¿cual es su secreto?". Ella le respondio:
"Soy Maestra, me duermo a las 2 de la mañana diseñando situaciones didacticas y haciendo programaciones, me levanto a las 6 de la mañana para llegar a tiempo al trabajo. No hago deporte, no me divierto ni tengo vida social, todo el fin de semana trabajo revisando nuevas estrategias de aprendizaje para mis alumnos, evaluaciones y elaborando material didactico si es lunes festivo tambien, no desayuno, no almuerzo y tampoco ceno porque no me queda tiempo. Tengo constante estress a causa de las reformas curriculares, fechas de entrega de documentacion, y visitas del inspector.
El doctor le contesto:
“Eso es extraordinario, ¿cuantos años tiene?”

34, le respondio la viejita…

La edad biológica no siempre corresponde con la edad cronológica...

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Obxectivos do blog de blogs para o curso 2012 - 2013

Son consciente que os obxectivos que aparecen escritos o comezo de calquera traballo quedan moi ben pero, non todo o mundo os le, e sobre todo reflexiona sobre eles. Co fin de facer chegar a todos/as as metas do noso proxecto, vou darlle un formato diferente. Espero os vosos comentarios, significará que o meu propósito a resultado positivo.

- Aprender facendo



-

Fomentar o traballo colaborativo


- Aprender a aprender/Apreder a ensinar 



- Estimular o intercambio de conocimiento "Se ti tes unha mazá e eu teño unha mazá e intercambiamos mazás, entón tanto ti como eu seguimos tendo unha mazá, pero se ti tes unha idea e eu teño unha idea e intercambiamos ideas, entón ambos temos dúas ideas".
Bernard Shaw

- Impulsar o traballo coas TIC nas aulas
Un vídeo do coro virual de Eric Whitacre que fai obvio calquera comentario.

viernes, 13 de enero de 2012

Ata o próximo curso


Agora ninguén educa a ninguén, así como tampouco ninguén se educa a se mesmo, os homes edúcanse en comunicación e o mundo é o mediador. Paulo Freire


Panel de Paulo Freire en Campinas, São Paulo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...