lunes, 28 de noviembre de 2011

Cambio Climático e saúde


A XVII conferencia da ONU sobre cambio climático quedou inaugurada hoxe en Durban. "Terá un obxectivo básico lograr que se prolongue a vixencia do Protocolo de Kioto, que culminaría en 2012, ata 2020. A pesar de que este protocolo entrou en vigor en 2005 pouco se avanzou e actualmente o cambio climático é o maior reto ao que a humanidade ten que facer fronte neste século. Calcúlase que 300.000 persoas morren cada ano por mor dos seus efectos, e 325 millóns delas ven prexudicadas. Polo xeral, son as poboacións dos países en desenvolvemento as que máis sofren as consecuencias da deterioración ambiental. Segundo o Informe de Desenvolvemento Humano publicado en novembro por Nacións Unidas, os avances nos países máis empobrecidos do mundo poderían frearse ou retroceder se non se toman medidas decididas para frear o cambio climático. A pesar de ser os máis afectados, os países en desenvolvemento emiten moitos menos gases de efecto invernadoiro. O principio de responsabilidades comúns pero diferenciadas debe ser un dos fundamentos que rexan a loita contra o cambio climático xa que recoñece que, aínda que é unha obrigación conxunta frear o arrequecemento global, non todos os estados teñen as mesmas responsabilidades nin sofren os seus efectos en mesmo grao".

Fonte: http://www.oei.es/divulgacioncientifica/spip.php?article280

Hábitos saudables

O xogo dos alimentos




A escola tería que cambiar isto

domingo, 27 de noviembre de 2011

Os alimentos



Fonte:


http://www.rena.edu.ve/nivelInicial/alimentos/act02.html

Coque y Puma

Videos ben valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil que traballan a prevención do tabaco.



1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saúde
Cultura e vida en Sociedade
Expresión plástica e musica

Autores:Iago Vizcaya Losada, Efrén Martínez Barja,Víctor Hugo Maceira Prieto,José David Pereira Bello e Manuel Seguín Fidalgo.

sábado, 26 de noviembre de 2011

A ira

Un dos videos mellor avaliado polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil titúlase "A ira" . Valorase ademais as modificacións tendo en conta as suxestións comentadas na clase.


Foi realizado por Alba Salgado Pérez

Ciclo: 2º ciclo
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe e a actividade cotiá.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.
Fontes de documentación:
Google imágenes
Libro: La autoestima ¿Cómo desarrollarla?
http://www.youtube.com/watch?v=paiSzkmCNb8
http://www.definicionabc.com/salud/ira.php
http://kidshealth.org/kid/en_espanol/sentimientos/anger_esp.html
http://www.violetamonreal.com

A tristeza

Un dos videos máis valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil titulase "A tristeza" realizado por Laura Vázquez González



Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas propias limitacións.
Fonte de documentación: http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/mirando-por-la-ventana e imaxes propias.

viernes, 25 de noviembre de 2011

Malos tratos e mocidade, cifras preocupantes

Segundo un estudo presentado onte pola Federación de Mujeres Progresistas (FMP), o 80% dos mozos cre que a moza debe compracer ao seu noivo. Este informe, elaborado a partir de 1.396 entrevistas ao alumnado de secundaria de Madrid e Burgos, reflexa que máis do 40% considera que o mozo ten a obrigación de protexer a súa parella e cerca do 60% está de acordo en que os celos son normais nunha relación.
As opinións dos mozos denotan situacións de control por parte deles e de submisión por parte delas, o que pode supor o preludio de episodios considerados de violencia de xénero.


A PREVENCIÓN DEBE EMPEZAR CANTO ANTES!!!!

Recomendación de Tamara Valiña

Deteneos



Outra canción recomendada por David Bobillo http://educacionafectivosexualeninfantil.blogspot.com/2011/11/salir-corriendo.html

Contan igual !

25 de noviembre: Día Internacional de Lucha contra la violencia de género

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Un pouco de humor: A importancia do deseño dunha boa estratexia

A planficación dunha boa estratexia para abordar e alcanzar un obxectivo é imprescindible. O ensino non pode ser menos e polo tanto é necesario dedicar un tempo importante no deseño das actividades que vai realizar o alumnado.
Deixovos un video para que vexades o que sucede cando non se planifica ben as cousas e de paso que vos riades un pouco.

Alimentos





Andaluna y Samir

A envexa

Os videos máis valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil vounos subir ao meu blog. Este é o caso do conto realizado por Jorge Menor titulado A envexa.



Ciclo: 1º e 2º de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidad e propia imaxe
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións
Fonte de documentación: Imaxes de Google
http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/la-cabeza-de-colores

martes, 22 de noviembre de 2011

As graxas







Pelayo vai ao cole



Para ver outras unidades didácticas do proxecto curricular "Pelayo y su pandila" clik aquí.

A carreira de zapatillas

Os videos máis valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil vounos subir ao meu blog. Este é o caso do conto realizado por Jésica Lorenzo Cames no que se traballa a amizade.



Ciclo da Educacion Infantil: 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: A identidade, a autoestima e as emocións.
Criterios de avaliación: Acepta e amosa afecto, recoñecendo os sentimentos e emocións
propios e das demais persoas; amosa confianza ante persoas e situacións novas aceptando a súa
axuda.
Fonte de documentación:
Conto: http://www.buenastareas.com/ensayos/Cuento-Infantil-Que-Fomenta-La-Amistad/121860.html
Fotos: google imaxes
Vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=ajL-QFktSgs

domingo, 20 de noviembre de 2011

Modificacións da piramide alimentaria


Os españois consomen menos calorías que fai dúas décadas pero a súa taxa de obesidade é máis elevada

A poboación española consome 250 calorías ao día menos que fai 20 anos e, a pesar diso, a súa taxa de obesidade creceu entre un 17% e un 21%, en parte, debido ao estilo sedentario que se segue na actualidade, segundo despréndese del informe Dieta e Risco de Enfermeades Cardiovasculares en España (DRECE), realizado polo Instituto Biomédico do mesmo nome. No estudo, que comezou en 1990, traballaron 52 centros de saúde e máis dun centenar de investigadores sobre unha mostra de 5.000 persoas de ambos os sexos, que tiñan entre cinco e 59 anos.
Fonte: El País 15/11/2011

Día internacional da infancia

O 20 de novembro 1959 a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, por iso o 20 de novembro comemórase o Día Universal dos Nenos e as Nenas. Neste día sinalado déixovos un vídeo que recolle aspectos do desenvolvemento socioafectivo como: o apego, o medo aos descoñecidos, a aprendizaxe por observación, a percepción de xénero, os estereotipos e roles de xénero, o xogo como ferramenta de socialización, etc.


Videos tu.tv

Non lle cortedes as ás !!!

Seguindo as ideas do post "O sistema educativo é anacrónico", esta publicidade sérveme para dicir aos futuros docentes: por favor non lles cortedes as ás!!!!

educaBarrié from Fbarrie on Vimeo.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Pensa en elo

Aínda que este curto está incluído noutro post, editeino porque é algo sobre o que todos os docentes debemos de reflexionar e moito.

O Sistema educativo é anacrónico

Se non estás disposto a equivocarte, nunca chegarás a nada orixinal.
Ken Robinson



A creatividade apréndese igual que se aprende a ler.
Ken Robinson

viernes, 18 de noviembre de 2011

Estou segura, este novo deseño curricular AXUDARIA A CAMBIAR O MUNDO

O tema das emocións é algo que sempre me tivo fascinado. Considero que é algo clave na Educación Infantil e na vida en xeral. Como educadores de Infantil temos que prestar especial atención ás emocións porque nos darán a clave para entender moitas cousas.
Pois navegando por un blog relacionado coas emocións atopei un vídeo moi interesante e quería compartilo contigo.
Quizais se podería incluír no noso blog de blogs
Un saúdo
David Bobillo

A MIÑA OPINIÓN RESÚMESE NO TÍTULO, É UN VIDEO TAN INTERESANTE QUE SERÍA INXUSTO QUEDARMO SÓ PARA MIN, DESEXO COMPARTILO CON TODOS VÓS.
Carmen Cid Manzano

La Escuela de la Alegría: el vídeo que emocionó a todo un Congreso from Miquel Beltran on Vimeo.

Cociñando xuntos

Un dous puntos do Decálogo de recomendacións da Estratexia NAOS é o de involucrar a todos os membros da familia en actividades relacionadas coa alimentación: facer a compra, decidir o menú semanal preparar e cociñar os alimentos, etc.
Déixovos dous novos contos da Rata Luisa relacionados con este tema.


Amor entre polbos

jueves, 17 de noviembre de 2011

Escola de sentimentos

Un grupo de mestres realizou esta proposta para traballar, a través dos contos, a resolución de conflictos, la amizade, o amor, a tristeza, a felicidad, os celos, o medo...

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Ninguén nace aprendido... é ben certo

Vedes como o conxunto de esforzo, creatividade, deixarse asesorar e ganas de traballar, dan bos resultados. Cóntovos... o grupo de alumnas do blog por unha infancia sen fume non estabán contentas cos vídeos que fixeron e pedíronme se podían facer outro co fin de mellorar. Hoxe, fai un anaquiño, enviáronme o seguinte curto. Eu creo que entenderon moi ben a mensaxe, e vós, que opinades?
Por certo Iris é preciosa, moi lista e moi boa actriz.

Os consellos de Dientin


Dientin lucha contra la caries por chpomac

Educación emocional



As competencias emocionais son as que fan as persoas emocionalmente intelixentes. Recoméndase traballar na idade infantil as seguintes competencias emocionais:
- Conciencia emocional: vocabulario emocional, identificación das propias emocións e sentimentos, a linguaxe verbal e non verbal como medio de expresión emocional, recoñecemento de sentimentos e emocións dos demais e a toma de conciencia do propio estado emocional.
- Regulación emocional: capacidade de regular os impulsos e as emocións desagradables, de tolerar a frustración e saber esperar as gratificacións; estratexias de autorregulación emocional (expresar os sentimentos, diálogo, a distracción, relaxación, reestruturación cognitiva, asertividade, etc.;
regulación de sentimentos e impulsos; tolerancia á frustración.
- Autoestima: noción de identidade (coñecemento dun mesmo); manifestación de sentimentos positivos para si mesmo e confianza nas propias posibilidades; valoración positiva das propias capacidades e limitacións.
- Intelixencia interpersoal: as habilidades de relación interpersoal (expresividade, comunicación, cooperación e colaboración social); a empatía; as relacións positivas cos demais e as estratexias para a resolución de conflitos.
- Competencias para a vida e o benestar: habilidades de organización (do tempo, do ocio, tarefas cotiás); desenvolvemento persoal e social; habilidades na vida familiar, escolar e social; actitude positiva diante da vida; percepción positiva e gozo do benestar.

Fonte: López Cassà, E. (Coord.). (2003). Educación emocional. Programa para 3-6 años. Barcelona:
Praxis.





Preséntovos un libro de Linda Lantieri titulado Intelixencia Emocional infantil e Xuvenil: Exercicios para Cultivar a Fortaleza Interior en Nenos e Novos. Linda é unha prestixiosa experta en educación social e emocional e destacada educadora no campo da educación para a paz e a resolución dos conflitos. Tamén é autora dun programa de educación social e emocional implantado en máis de 400 escolas nos Estados Unidos e unha das fundadoras, xunto a Daniel Goleman, da organización que máis contribuíu no mundo a promover o recoñecemento da aprendizaxe social e emocional.

martes, 15 de noviembre de 2011

En la huerta de mis amigos

A continuación tedes uns pequenos curtos e a proposta didáctica para traballar a prevención das adicción. Este tipo de actividades pódense utilizar para desenvolver estratexias tanto para as drogas legais (tabaco alcol) como ilegais.



lunes, 14 de noviembre de 2011

Campaña de prevención de alcohol en xoves


O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade anunciou o lanzamento dunha campaña para previr os riscos do consumo de alcol en menores que, baixo o slogan 'Falar con eles hoxe, evitará un mal grolo mañá', pretende alertar da iniciación "cada vez máis temperá" do consumo en España.

Segundo a Enquisa Escolar sobre Alcol e Drogas en España (ESTUDES) 2010-2011, a idade media de inicio do consumo de alcol entre menores en España é de 13´7 anos. Ademais, o 58´8% dos adolescentes de 14 a 18 anos admitiu haberse emborrachado polo menos unha vez na vida e o 63´3% consumiu bebidas alcohólicas no último mes. Así mesmo, a maioría dos enquisados descoñece que o inicio de consumo de alcol na adolescencia incrementa catro veces a probabilidade de padecer trastornos de personalidade e incrementa dúas veces a posibilidade de ser alcohólicos antes dos 24 anos.

Nova piramide alimentaria


Enviada por Manuel Mourelo

Conto: Cousas da rata Luisa. Bocadillos.



Atopado no blog:http://www.adelaleiro.com/

jueves, 10 de noviembre de 2011

Wikiespellos

A profesora Uxía Acuña Abalde do CEIP de Aguiño - Ribeira (A Coruña) recibiu o 2º Premio "Francisco Giner de los Rios" para a etapa de 2º ciclo de Educación Infantil dotado con 15.000 € co traballo «Wikiespellos: unha Wikiexperiencia de construción de espazos colaborativos e creativos de aprendizaxe en Educación Infantil».
Un traballo tan interesante debe ser coñecido polo alumnado do Grao Infantil.



Wikiespellos é o nome da wiki utilizada para o proxecto desenvolvido nun obradoiro de estimulación oral para os nenos de Educación infantil de 5 anos.


Toda a wiki é impresionante pero vos recomendo "A cara é o espello da alma" click aquí.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

q bueno!! Comendo ben comendo san

Shakira intenta mover conciencias

Mandoume un alumno este enlace cun discurso de Shakira sobre a importancia da educación, quero compartilo con todos vós. Neste caso Shakira non move as cadeiras, fala de educación. A ver que vos parece.

martes, 8 de noviembre de 2011

Cine e saúde, proposta do Concello de Ourense


Un ano máis a Concellería de Saúde do Concello de Ourense pon á nosa disposición material (películas, guías didácticas e cadernos de actividades) para traballar co alumnado da ESO a prevención de condutas non saudables e a resolución de conflitos.

lunes, 7 de noviembre de 2011

1996 e a fame continua...


NIÑOS DE SOMALIA

Yo como
Tú comes
El come
Nosotros comemos
Vosotros coméis
¡Ellos no!

Gloria Fuertes

(De Mujer de verso en pecho, Madrid: Cátedra, 1996).



Uns tan pouco... e outros tanto...a escola debe recoller esta realidade.

Doces soños

Que competencias podemos traballar co seguinte video?


Sweet Dreams por kirstenlepore

jueves, 3 de noviembre de 2011

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Para medrar debemos comer...

A música é un elemento fundamental na Educación Infantil e débese traballar de xeito globalizado, e dicir, permite un ensino encamiñado á percepción de totalidades e procura a supresión de demarcacións entre as diferentes áreas.

Rol docente



As TIC incorporaron ao ensino novos recursos, especialmente relacionados cos elementos multimedia. Así, un Glogster é unha ferramenta web 2.0 que nos permite crear posters dixitais multimedia. Os murais realizados con Glogster poden ser impresos, inseridos nunha web, blog de aula, etc., proxectados e utilizados en clase mediante unha PDI ou nun taboleiro dixital.
Propóñovos que utilizando os seguintes enlaces, indaguedes como se pode deseñar e elaborar un Glogster.
http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/internet/aplicaciones-web/794-glogster
http://www.glogster.com/?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...