Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Este vídeo y la imagen demuestran una realidad que está a la orden del día. Nosotros vivimos en un mundo en el que disponemos de tods los medios para vivir perfectamente y tenemos todo lo que queremos y más, mientras que hay personas que viven en un mundo completamente diferente al nuestro. Ya que no tienen ni un trozo de pa que llevarse a la boca, ni recursos de ningún tipo.
Este tipo de cosas deberían enseñarse en la escuela, las grandes diferencias que existen entre unos lugares y otros y que somos muy afortunados de vivir en un lugar en el que tenemos todos los medios y recursos necesarios para tener una vida digna.
Tanto o vídeo como a imaxe, móstranos a cudra realidade que estamos vivindo na actualidade, xa que moitas persoas non teñen nada para poder sobrevivir, mentres nos o temos todo e non lle damos ningún tipo de importancia(comida, bebida, roupa). O simple feito de ter auga potable é un privilexio, mentres en África morren millón de persoas por non teren auga potable.
Dende a escola debemos de concienciar aos máis pequenos a que non deben de malgastar e que deben de saber utilizar todos os recursos xa que hai persoas máis desfavorecidas no mundo que os poden precisar e creo que deberiamos de concienciar a toda a sociedade en xeral.
Gran traballo a realización deste vídeo. Quédome con duas cousas a primeira co traballo colaborativo, o bonito que é poder traballar con moita xente e facer cousas xeniais e a segunda e máis importante é que non nos debe importar tanto o listos que sexan os rapaces senón o descubrirlle os valores universais que hoxe parecen algo olvidados. A xenerosidade e o respeto aos demáis penso que son fundamentais e axundarán a que a convivencia deste mundo sexa máis levadeira.
Un saúdo
David Bobillo Añel
unha entrada moi interesante! por un lado a imaxe móstranos os enormes e inxustos desequilibrios que existen no mundo e dos que moitas veces nin somos conscientes, por iso considero que é preciso ensinarlles ós nenos dende cativos a grandísima sorte que teñen polo simple feito de poder comer cada día. Por outra parte, o vídeo pon de manifesto a importacia do traballo colaborativo e dos valores como a amizade.
Cristina Álvarez Estévez
A imaxe de este post é verdadeiramente cruel e abrenos os ollos a unha realidade que se está a vivir no noso mundo, no mundo onde nós tiramos a comida e moitos outros non teñen nada que levarse á boca. Os vídeos que se realizan nas aulas e que ultimamente están moi de moda son un recurso moi útil e divertido.
A imaxe do post non é nada agradable porque representa a realidade do noso mundo. O diñeiro non está ben repartido, unhas persoas teñen moito e outras nada. Nos temos todo o que queremos e o que necesitamos para sobrevivir e moita xente non ten nin auga para beber. E importante ensinar aos nenos a que sepan valorar a vida que teñen e se solidaricen cos nenos que non teñen nada pa levar á boca.
María Blanco García
É una imaxe impactante pero que por desgracia representa a realidade de moitas persoas neste mundo. E agora xa non pasa só no terceiro mundo, polo que antes entendíamos África, senón que dentro do primeiro mundo, mesmo no noso país, na nosa cidade, hai moitas persoas con necesidades, persoas que non teñen onde vivir nin que comer.
Vivimos nun mundo inxusto no que uns teñen moito, os cales deberían valorar todo o que teñen e ser solidarios cos demais, e outros pouco ou moi pouco. A escola debe de mostrar esta realidade e ensinar ós nenos e nenas que deben de valorar o que teñen.
Publicar un comentario