Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
lunes, 28 de noviembre de 2011
Cambio Climático e saúde
A XVII conferencia da ONU sobre cambio climático quedou inaugurada hoxe en Durban. "Terá un obxectivo básico lograr que se prolongue a vixencia do Protocolo de Kioto, que culminaría en 2012, ata 2020. A pesar de que este protocolo entrou en vigor en 2005 pouco se avanzou e actualmente o cambio climático é o maior reto ao que a humanidade ten que facer fronte neste século. Calcúlase que 300.000 persoas morren cada ano por mor dos seus efectos, e 325 millóns delas ven prexudicadas. Polo xeral, son as poboacións dos países en desenvolvemento as que máis sofren as consecuencias da deterioración ambiental. Segundo o Informe de Desenvolvemento Humano publicado en novembro por Nacións Unidas, os avances nos países máis empobrecidos do mundo poderían frearse ou retroceder se non se toman medidas decididas para frear o cambio climático. A pesar de ser os máis afectados, os países en desenvolvemento emiten moitos menos gases de efecto invernadoiro. O principio de responsabilidades comúns pero diferenciadas debe ser un dos fundamentos que rexan a loita contra o cambio climático xa que recoñece que, aínda que é unha obrigación conxunta frear o arrequecemento global, non todos os estados teñen as mesmas responsabilidades nin sofren os seus efectos en mesmo grao".
Fonte: http://www.oei.es/divulgacioncientifica/spip.php?article280
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A miña opinión sobre este tema é de enfado e malestar posto que a maioría dos contaminantes poderianse evitar si todos cooperaramos máis, tanto a hora de reciclar, como a hora de desprazarnos nas cidades, onde todo o mundo soe desprazarse en coche,e o máis normal sería que se fixera camiñando, pero como somos bastante vagos e pensamos que nunca nos van a afectar os contaminantes ambientais seguimos sen facerlle nin caso, e como estes dous exemplos temos moitísimos máis.
Noel Eiras Gándara
Publicar un comentario