miércoles, 16 de noviembre de 2011

Educación emocional



As competencias emocionais son as que fan as persoas emocionalmente intelixentes. Recoméndase traballar na idade infantil as seguintes competencias emocionais:
- Conciencia emocional: vocabulario emocional, identificación das propias emocións e sentimentos, a linguaxe verbal e non verbal como medio de expresión emocional, recoñecemento de sentimentos e emocións dos demais e a toma de conciencia do propio estado emocional.
- Regulación emocional: capacidade de regular os impulsos e as emocións desagradables, de tolerar a frustración e saber esperar as gratificacións; estratexias de autorregulación emocional (expresar os sentimentos, diálogo, a distracción, relaxación, reestruturación cognitiva, asertividade, etc.;
regulación de sentimentos e impulsos; tolerancia á frustración.
- Autoestima: noción de identidade (coñecemento dun mesmo); manifestación de sentimentos positivos para si mesmo e confianza nas propias posibilidades; valoración positiva das propias capacidades e limitacións.
- Intelixencia interpersoal: as habilidades de relación interpersoal (expresividade, comunicación, cooperación e colaboración social); a empatía; as relacións positivas cos demais e as estratexias para a resolución de conflitos.
- Competencias para a vida e o benestar: habilidades de organización (do tempo, do ocio, tarefas cotiás); desenvolvemento persoal e social; habilidades na vida familiar, escolar e social; actitude positiva diante da vida; percepción positiva e gozo do benestar.

Fonte: López Cassà, E. (Coord.). (2003). Educación emocional. Programa para 3-6 años. Barcelona:
Praxis.





Preséntovos un libro de Linda Lantieri titulado Intelixencia Emocional infantil e Xuvenil: Exercicios para Cultivar a Fortaleza Interior en Nenos e Novos. Linda é unha prestixiosa experta en educación social e emocional e destacada educadora no campo da educación para a paz e a resolución dos conflitos. Tamén é autora dun programa de educación social e emocional implantado en máis de 400 escolas nos Estados Unidos e unha das fundadoras, xunto a Daniel Goleman, da organización que máis contribuíu no mundo a promover o recoñecemento da aprendizaxe social e emocional.

4 comentarios:

David Bobillo Añel dijo...

Antes se creía que a única intelixencia era a lóxico matemática, ata que un señor chamado Howard Gardner polo ano 1863 falounos das intelixencias múltiples. Unha das intelixencias clave é a intelixencia emocional. Como docentes debemos de prestar especial atención a esta intelixencia porque moitas veces pode ser un bloqueo a certas capacidades que ten o neno ou nena. Por iso debemos de ser moito máis que simples profesores e ter unha relación de amizade cos nosos alumnos a alumnas. Traballar cousas como a empatía ( o saber entender os demais) deben ser fundamentais.
Apertas
David Bobillo Añel

Unknown dijo...

Tanto Gardner que identificó ocho tipo de inteligencias múltiples todas ellas importantes para ayudar a trabajar la competencias básicas en los niños.Así como Daniel Goleman que nos habla de la inteligencia emocional.
Las aportaciones de estos dos autores, han abierto un campo que hasta este momento no se había planteado la escuela. Creo que es muy importante que la escuela trabaje las habilidades emocionales básicas desde los tres años, ya que éstas tienen un papel importante en la vida, así como la adaptación al medio.
Me quedo con una frase de Aristótelos " enfadarse y cabrearse es fácil lo difícil es saber con quien, en que medida y cuando hay que hacerlo"

Rebeca Montes dijo...

Me parece muy importante que se trabajen en la escuela las habilidades emocionales porque considero que son imprescindibles en nuestra vida diaria y aprenderlas desde muy pequeños, nos ayuda en un futuro a saber emplearlas mejor y sin miedo.
La escuela debe trabajar las emociones en todo momento sacándole el mayor partido posible porque gracias a autores como estos, se ha hecho posible que este ámbito se trabaje en las escuelas.

Raquel Alvarez dijo...

A educación emocional é un dos pilares fundamentais que se debería traballar cos nenos, pero para iso, é imprescindible que os propios mestres e mestras teñan unha boa autoestima e unha boa conciencia e regulación emocional para así poder falar e transmitirlla aos cativos dunha maneira máis adecuada.
Creo que sería importante que no Grao de Ed.Infantil se impartíran materias relacionadas con isto(intelixencia emocional, autoestima,...) e así poder educar e formar a nenos e nenas máis estables emocionalmente, máis autónomos e con mellores competencias para a súa vida.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...