
Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
domingo, 20 de noviembre de 2011
Día internacional da infancia
O 20 de novembro 1959 a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, por iso o 20 de novembro comemórase o Día Universal dos Nenos e as Nenas. Neste día sinalado déixovos un vídeo que recolle aspectos do desenvolvemento socioafectivo como: o apego, o medo aos descoñecidos, a aprendizaxe por observación, a percepción de xénero, os estereotipos e roles de xénero, o xogo como ferramenta de socialización, etc.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario