domingo, 20 de noviembre de 2011

Non lle cortedes as ás !!!

Seguindo as ideas do post "O sistema educativo é anacrónico", esta publicidade sérveme para dicir aos futuros docentes: por favor non lles cortedes as ás!!!!

educaBarrié from Fbarrie on Vimeo.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Este vídeo amósanos un dos novos principios de educación. O aprendizaxe debe de ser construído polos alumnos, mediante a experimentación, o traballo, a investigación, etc. Eles mesmos adoptan unha postura activa na aprendizaxe, así como na adquisición dos coñecementos, xa que o aprendizaxe significativo é aquel no que o propio alumno o entende, asimila, é dicir, aquel que posúe un utilidade fronte a aprendizaxe centrada exclusivamente na repetición.

Todos os mestres debemos cambiar a concepción que existía con anterioridade, de que o alumno tan só se limita a escoitar, xa que agora o educado ten un papel activo no proceso de aprendizaxe.

Judit Fernández López dijo...

Como futuros docentes debemos ter en conta ós nosos alumnos, non só dedicarnos a ensinarlles os conceptos que deben aprender, a decirlles o que teñen que facer e como o teñen que facer. Son persoas que teñen unha gran capacidade de imaxinación, ideas propias que deben intentar poñelas en práctica para aprender facendo, e para que así se poidan sentir realizados e sobre todo motivados, porque é algo que sae de eles mesmos e que polo tanto lles interesa. Estou de acordo en que non lles debemos coratas as ás.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...