Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
1 comentario:
Me pareceu unha actividade moi completa, na que os nenos traballan directamente cos materiais, crean, teñen que utilizar conceptos abstractos como o do peso, a medida, e ao final todos proban e disfrutan dun produto san, natural, realizado en grupo e co que puideron desenvolver moitas das competencias que o curriculum sinala para a etapa da infantil, e o máis importante, dun xeito saudable e divertido. A forma de traballar da docente A. Abelleira é moi interesante tanto polos aspectos didácticos que acabo de mencionar, como pola xenerosidade de deixar á disposición de todos os docentes ideas tan interesantes como esta e ademais tan ben explicadas. No grupo de traballo desta asignatura que temos con Pedro Membiela facemos un traballo sobre consumo responsable nos nenos de EI e tamén nos inspiramos no Proxecto "Dale la vuelta" de A. Abelleira Bardanca que vos recomendo e ao que podedes acceder desde http://innovarteinfantilesp.files.wordpress.com/2010/06/dale-la-vuelta2.pdf
Publicar un comentario