Bo día. Durante os vindeiros meses de outubro e novembro celebrarase a 4ª edición dos Martes Convida en diferentes lugares do Campus de Ourense, como viña sendo habitual nas anteriores edicións. Ademais, e por primeira vez, a programación desta actividade financiada polo Consello Social estenderase aos Campus de Pontevedra e Vigo coa celebración dunha xornada en cada un deles.
As persoas que se acheguen aos stands dos Martes Convida poderán realizar, de xeito gratuíto, unha avaliación do seu estado de saúde e do seus hábitos de vida máis relevantes (alimentación, actividade física, sexualidade, consumo de drogas e outras sustancias nocivas, …) para recibir a continuación un asesoramento profesional que lles axude a adoptar un estilo de vida máis saudable e mellorar a súa calidade de vida.
As datas, lugares e horarios de celebración das diferentes xornadas dos “Martes ConVida” son os seguintes:
- 15 de outubro: Edificio Politécnico do Campus de Ourense (de 11:30 h a 14:30 h)
- 22 de outubro: Edificio de Facultades do Campus de Ourense (de 11:30 h a 14:30 h e de 15:30 h a 18:30 h)
- 29 de outubro: Edificio Xurídico - Empresarial do Campus de Ourense (de 11:30 h a 14:30 h)
- 5 de novembro: Biblioteca do Campus de Ourense (de 11:30 h a 14:30 h e de 15:30 h a 18:30 h)
- 12 de novembro: Escola de Enfermería de Ourense (de 15:30 h a 18:30 h)
- 19 de novembro: Área Comercial do Campus de Vigo (de 11:00 h a 16:00 h)
- 26 de novembro: Facultade de Ciencias Sociais do Campus de Pontevedra (de 11:00 h a 16:00 h)
Agardámoste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario