Aitor Barbosa Glez no seu post do blog Educacion afectivo sexual en Educación Infantil afirma; "No hay que olvidar que la gran mayoría de los aprendizajes infantiles se dan por imitación". Cando lin esa frase veume a mente un video que vos deixo e que espero incite a reflexión e os comentarios.
Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
6 comentarios:
Los docentes no debe ser un simple transmisor de conocimientos sino de valores, de maneras de comportarse. Tenemos que prestar especial atención a nuestra manera de hablar, de interactuar con los niños y niñas porque para ellos somos unos modelos y tenderán a imitarnos en su vida cotidiana.
Un saludo
David Bobillo Añel
Dende a infancia, o entorno dos cativ@s apremiaos a imitar á súa forma de falar, de xesticular,... pois para os que os rodean supón un aprendizaxe positivo. Porén, os nen@s reproducen todo o que ven ou escoitan (bo ou malo). Por iso, como docentes e modelos a emular nas súas vidas cotidianas, debemos atender coidadosamente á nosa maneira de actuar para que sexa o mellor exemplo.
Un saúdo, Paula Pérez Martín.
En este vídeo es facil entender el mensaje que nos pretende mostrar.Los niños/as aprenden por imitación por lo que tanto en casa, en el día a día o en las escuelas es necesario mostrar un buen comportamiento, respeto por los demás y una actitud sana, ya que mediante nuestras acciones estaremos educando a los más pequeños/as. Nosotros/as como futuros educadores/as debemos comprender que somo un pilar fundamental en la educación de los/as niños/as por lo que debemos dar ejemplo continuamente de civismo y solidariedad.
Como ben recolle o vídeo, os nenos e nenas fan o que ven facer as persoas que os roden. Isto non é aplicable soamente a condutas agresivas, malos hábitos, vicios… Sobre todo en nenos de pouca idade, a aprendizaxe por imitación vai dende manías, costumes, formas de actuar ante determinadas situacións…ata o que xa citei anteriormente.
Como fillos, irmáns, amigos, pais, futuros docentes….debemos controlar e avaliar a nosa forma de actuar en cada momento e ante distintas situacións xa que podemos estar sendo o exemplo a seguir e o espello onde se miran moitas persoas e sobre todo moitos nenos e nenas que aínda non teñen a capacidade de analizar se a conduta que van a imitar e positiva ou negativa para eles.
Moi boa forma de reflexar a aprendizaxe por imitación dos nenos, paréceme que o vídeo debería durar un pouco máis, mostrando como se se dá bo exemplo ós nenos poden chegar a facer as cousas ben e conseguir certos valores que tanto os pais como as persoas cercanas ós/ás nenos/as lles aportaron, porque o vídeo parece moi dramático, como que só copian o negativo, e que os pais o único que poden facer é non cometer malos actos, habería que amosar tamén como as boas accións e os bos hábitos favorecen ós nenos e nenas a mellorar día a día. De todas formas sigo dicindo que coa maioría dos vídeos que se ven tanto no blog principal como os de outros moitos compañeiros servirían para facer campañas publicitarias, moito mellores que as que se anuncian na televisión contra a violencia de xénero, sobre o antitabaquismo, e sobre o aprendizaxe por imitación como vimos nesta entrada da nosa docente
Publicar un comentario