Seguindo coa aprendizaxe significativa, recoméndovos ler o seguinte texto dun blog, moi, moi interesante, do profesor Miguel Angel Santos Guerra.
Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Me ha parecido muy interesante el artículo la verdad.
Impresionante el poder "despetar la pasión por la búsqueda". Como futúros docentes en Educación Infantil la clave está en Educar con el corazón. Extraigo unas bonitas palabras de un vídeo que visionamos el año pasado en Psicología con nuestro querido Hipólito: En las escuelas, hay mucha más "cabeza" que "corazón", mucha más "mente" que "cuerpo", muchos más "ejercicios" que "experiencias".
Algunos ya lo visteis pero para el resto os dejo la dirección del vídeo: http://vimeo.com/17282719
Un saludo
David Bobillo Añel
Esta entrada paréceme dun enorme interese, xa que, se ós futuros docentes non nos gusta educar, e non o facemos ver así non nos será nada doado facer que ós nenos lles guste á escola, nin de maior queiran ser docentes, nin nada que teña que ver, os nenos, aínda que non o parezan son os primeiros en darse conta cando un mestre lles presta atención, lles da un bico ou un abrazo de corazón ou o fai por obrigación.
Pareceume moi interesante este artigo.Quedeime sobre todo con dúa ideas que penso que son fundamentais,por un lado o de que o verbo aprender non se pode conxugar en imperativo, e canta razón teñen estas palabras!Seguro que escoitastes esa expresión de "a letra con sangue entra", serviría para algo? Pois seguramente acabarían por memorizar as cousas, pero tamén acabarían por odiar a aprendizaxe. E por outro lado, e moi ligado ao que acabo de dicir, quedome coa frase de Winston Churchill,"me encanta aprender pero me horroriza que me enseñen"; penso que como futuros docentes temos moito que traballar para que a aprendizaxe sexa divertida, que os nenos/as veñan á escola con gañas de aprender, debemos actuar,como ben dixeron os meus compañeiros, non tanto coa cabeza senón máis co corazón.
O autor do artigo reflexa de forma moi clara algúns dos problemas cos que nos atopamos nas aulas, e é que moitas veces a escola, que pretende ser un lugar que nos leve a desexar saber máis cada día, consegue todo o contrario. Moitas veces é moi complicado motivar ós alumn@s, mais todo comeza coa nosa adecuada intervención. Todos @s docentes deberían selo porque así o queiran, mais por desgraza, non é así sempre. Isto faime lembrar unha frase de Shaw: "Ditoso é quen ten unha profesión que coincida coa súa afección." Quen non desfute ensinando, non poderá transmitir o gusto por aprender.
Un saúdo,
Paula
Publicar un comentario