miércoles, 28 de septiembre de 2011

Lipdub

Aquí tedes o lipdub que grabaron no CEIP Pio XII de Santiago, todo un reto... Ser capaz de coordinar a tanta xente, por suposto, unha acción moi saudable.


Fonte:http://www.edu.xunta.es/centros/ceippio12/category/6/18/85

10 comentarios:

David Bobillo Añel dijo...

Boas Tardes,
A verdade é que encantoume o vídeo, impresionante o ver tanta xente unida e disfrutando nas aulas. Si moitas veces fálase de que nas aulas non se fai nada interesante que os nenos se aburren e este é un dos moitos exemplos de que non é verdade. Ese é un dos retos que temos, o mostrar as cousas para que resulten interesantes aos nenos e se é así, eles devolveranos con creces todo o noso esforzo.
Un saúdo
David Bobillo Añel

Unknown dijo...

Nunha escola é impresindible a figura dos dinamizadores, esta figura non existe pero a Consellería debía creala por lei, non si?

Inglés Allariz dijo...

Esto si que é motivar o alumnado e fomentar o traballo colaborativo tanto e mestres como nos alumnos. Merecense un aplauso!

Emma Garrido Vila dijo...

Gustoume moito o vídeo,ver como un colexio enteiro é capaz de organizarse, coordinarse e traballar todos en equipo, mostrando ao público o bo clima que se respira tanto dentro como fóra das aulas, sen esquecer o ben que o deberon pasar para lograr facer este lipdub.Isto debería servirnos para reflexionar e ver que con esforzo e traballo todo é posible, e que a clave está nestes/as nenos/as pois ao fin e ao cabo son os máis pequenos os que conseguirán facer grandes cousas.

Anónimo dijo...

A técnica do lipdub paréceme unha moi boa idea para traballar con nenos de diferentes idades, dende os máis pequenos aos máis maiores. E unha opción divertida e orixinal que permite levar a cabo un traballo en equipo, que precisa de colaboración e axuda mutua por parte de todos para que o resultado sexa bo.
Tamén debemos ter en conta que é unha actividade diferente ao que normalmente os nenos están acostumados a facer na escola e polo tanto rompe a monotonía das clases e chamará a súa atención; e todos sabemos(por experiencia propia) que cando unha actividade chama a atención dun neno este esforzarase ó máximo e porá nela os cinco sentidos, o que lle permitirá enriquecerse e aprender moito máis da experiencia.

. dijo...

A verdade, gustoume moito este video pero máis que iso sorprendeume pola idade que teñen os nenos e nenas. Se ben é certo xa tiña visto algún que outro con estas características e empregando a técnica do lipdub, que tan de moda se puxo nos últimos anos, pero sempre os protagonistas eran xóvenes e persoas adultas.
Non obstante pareceme unha idea moi productiva e ao mesmo tempo moi laboriosa xa que é notable que detrás de todo esto existe un forte traballo por parte dos docentes e outro personal pero que sen dúbida acadaron o seu obxetivo. Na miña opinion creo que é importante que dende idades tempranas os nenos e nenas interioricen o que é a cooperación e observen en primeira persoa que só se todos/as realizan un traballo conxunto e poñen da súa parte, lograrán un bo resultado.

Alba dijo...

Encantoume o vídeo. Penso que é un moi bo exemplo de que co esforzo de todos se pode conseguir o que se pretende, xa que no vídeo aparecen persoas de diversas idades e todas se compenetran moi ben para acadar o magnífico resultado.
A pesar de que non levo visto moitos vídeos deste tipo, impresionoume a boa organización e estruturación para levarnos por todos os recunchos do centro con tanta fluidez e aparente facilidade. Grazas a vídeos así demostrase que o traballo en equipo é eficaz sempre que se poña empeño por parte de todos os compoñentes e unha boa organización como é neste caso.

Alba Salgueiro Fernández.

Aitor Barbosa González dijo...

Só nha palabra pode definir a labor que os docentes fixeron, IMPRESIONANTE!! É tan complicado coodinar a tanta xente en tan só unha canción, e máis se son nenos e nenas de idade tan reducida, a segunda canción xa non me parece nin a metade de complicado porque son máis maiores xa. Merécense unha boa felicitación por parte de todo o mundo

Paula Pérez Martín dijo...

O vídeo encantoume, está moi ben feito e mostra unha gran coordinación; vira traballos deste tipo, pero non feitos en escolas.
Moitas veces, este tipo de proxectos non se levan a cabo nas aulas, porque cremos que os cativ@s non serán capaces de atender as pautas, de organizarse,... porén, este centro demóstranos que con esforzo e traballo (o cal seguramente foi enorme)podemos realizar actividades distintas e atraentes para os nen@s, mostrando así mesmo a gran compenetración entre docentes, alumnos e demais persoal.

Un saúdo,
Paula

Ana López Rodríguez dijo...

Considero que é un vídeo increíble porque o que se aprecia nel é algo moi dificil de facer xa que a colaboración e coordinación entre tanta xente e entre nenos de tan pequena idade é moi complicado. Por outro lado dicir que é moi importante ensinarlle aos nenos dende idades tempranas a traballar en equipo porque así é todo un éxito.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...