sábado, 24 de septiembre de 2011

Un estudo en EEUU indica que a separación de nenos e nenas nas aulas fomenta o sexismo

O estudo, realizado en EEUU e publicado na revista Science (The Pseudoscience of Single-Sex Schooling*), sostén que a segregación nas aulas fomenta o sexismo entre os nenos e reforza os estereotipos de xénero. Os investigadores, liderados por Diane F. Halpern, do Claremont McKenna College (California), sinalan que este tipo de colexios lexitiman o sexismo institucional.
Ademais, aseguran que ir a clase con persoas do mesmo sexo non mellora os resultados académicos, como defenden os partidarios de separar a nenos e nenas na escola. O estudo fai referencia tamén a outras investigacións no campo da neurociencia que non atoparon probas de que as diferenzas nos cerebros de mozos e mozas xustifiquen o uso de distintos métodos de ensino. As diferenzas achadas na estrutura cerebral de nenos e nenas, sinalan, non teñen relación coa aprendizaxe. Concluindo que calquera forma de segregación mina a igualdade en lugar de promovela.
*Science 23 September 2011: Vol. 333 no. 6050 pp. 1706-1707

8 comentarios:

Ana Váquez Álvarez dijo...

Me parece una noticia interesante que lleguen a demostrar que separar a los niños por sexo no se va a conseguir mayores resultados, porque lo único que escuché o lo último fue todo lo contrario que los niños por un lado y las niñas por el otro.
Ana Vázquez Álvarez

David Bobillo Añel dijo...

Estudie en un colegio de curas y la existía esa imcomprensible separación. Las características individuales de cada uno nos hacen más ricos y el convivir en un aula niños y niñas tiene que ser mucho más enriquecedor que el hacerlos solo chicos y chicas.
Un saludo.
David Bobillo Añel

Alimentación dijo...

Penso que esta separación na actualidade está obsoleta, xa que a relación entre ámbos sexos é imprescindible para o proceso de socialización e a relación entre iguais asi como co entorno.

Rebeca Montes.

sheila dijo...

me parece de gran interés este articulo ya que pone de manifiesto que la separación entre hombres y mujeres en las aulas no es algo ventajoso sino todo lo contrario. Debemos ser conscientes de que tenemos que formar a alumnos que sean capaces de deserrollarse en la vida real donde la interacción con personas del sexo opuesto enriquece a la persona en general. Este tipo de practica bajo mi punto de vista es arcaica y desfasada y que únicamente promueve la desigualdad.


Sheila Fernández Pérezs

Andrea López Sanjorge dijo...

Considero que este artigo é moi interesante para que todo o mundo tome conciencia de que a separación dos dous sexos nas aulas non é adecuada e se evite por completo, pois a interacción dos nenos e nenas nunha clase fará que poidan aprender diferentes cousas entre eles e tamén enriquecerá as súas mentes e incluso personalidades moito máis que se a interacción se produce con persoas dun so sexo.

Aitor Barbosa González dijo...

Estou completamente en desacordo coa separación de sexos na escola, e polo tanto a favor desta noticia, xa que ó separar ós nenos das nenas o único que se consegue é facer que os nenos teñan unha vida moi diferente á das nenas e polo tanto marcan moito máis os estereotipos en vez de facer que se asemellen máis entre eles.

Emma Garrido Vila dijo...

Promover a igualdade separando aos nenos das nenas nas aulas?Así é como se pretende ensinar? menos mal que este estudo bota dalgunha forma toda esta concepción por terra, asegurando que os resutados académicos non melloran, ademais de fomentar o sexismo e reforzar os estereotipos de xénero,e como ben dixeron os meus compañeiros e compañeiras o feito de que nenos e nenas traballen xuntos fará que a aprendizaxe sexa máis proveitosa.

Ana López Rodríguez dijo...

Este artículo pareceme moi interesante xa que facendo separación de sexos nunha aula non se consegue nada, ao contrario. A socialización e relación entre ambos sexos é verdadeiramente importante tanto para nenos como nenas.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...