Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
jueves, 29 de septiembre de 2011
Unha cita de Bernard Shaw pode expresar o principal obxectivo deste blog de blogs
"Se ti tes unha mazá e eu teño unha mazá e intercambiamos mazás, entón tanto ti como eu seguimos tendo unha mazá, pero se ti tes unha idea e eu teño unha idea e intercambiamos ideas, entón ambos temos dúas ideas".
Bernard Shaw
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Todos aportaremos o noso graiño de area.
La union hace la fuerza, pero que dificil es conseguir la union.
Boas Tardes,
A verdade é que vexo moi interesante a idea do blog de blog. Agora a xente só ten que traballar e mostrarnos cousas que poidan resultar interesantes. Como dicía os mosqueteiros:todos para un e un para todos.
Que teñades un bó fin de semana
David Bobillo Añel
Bos días.
Unha mestra que tiven en 4º da ESO falaranos deste escritor Bernard Shaw, e recordo unha frase del mooi boa, que dicía: "suspendín a miña educación cando tiven que ir á escola".
Na miña opinión a cita de Bernard Shaw describe claramente a finalidade que se busca acadar con blog de blogs; que é un bo mecanismo para que cada un de nos aportemos a nosa opinión e as nosas ideas sobre un tema pero, o mesmo tempo, interaccionemos e sexamos capaces de absorber todo o que os nosos compañeiros nos ofrecen.
Penso que coa colaboracion de todos teremos un resultados moi gratificantes , tal e como di Bernard Shaw se cada un compartimos as nosas ideas iremonos impregnando de todas.
Sheila Fernández Pérez
Paréceme moi acorde co obxetivo que se pretende, pois se entre todos aportamos algunha idea ao final imos conseguir un montón de recursos que nos servirán ao longo da nosa formación. Ademáis xa non é só aportar información, senón tamén consultar dúbidas e intentar resolvelas entre todos, aproveitando así as novas tecnoloxías como un medio que logra manternos a todos en contacto.
O único que podemos dicir deste post é que ten TODA a razón e que creo que todos faremos o posible porque así sexa
Con todas as nosas opinións e collendo as ideas que creamos máis interesantes dos demais compañeiros teremos como fin o que pretende a escola moderna que todo o mundo teña as súas ideas e cada un poida presentar as súas sen restrincións nin prexuízos.
Noel Eiras Gándara
Este post páreceme algo moi acertado de publicar porque considero que aportar ideas uns ós outros é algo moi productivo porque todos estamos aprendendo e colaborando ao mesmo tempo.
Creo que a idea de facer os blogs foi moi boa porque a través dela todos estamos colaborando nos blogs dos demais, xa sexa dando ideas, opinións, consellos, etc e con iso estamos intentando cambiar a maneira de ensinar aos demais, xa que se todos colaborásemos a ensinanza sería máis sinxela e entretida.
Publicar un comentario