domingo, 18 de diciembre de 2011

Bon Nadal e feliz ano con tres eses

Como xa van rematar as clases quero felicitarvos estas festas dun xeito un pouco atípico: A chistmas story.

Preguntarédesvos o por que das tres eses... deséxovos un 2012 SAUDABLE, SOLIDARIO E SOSTIBLE. Podería por outra S, pero mellor vos remito o tema 4 do programa, xa me diredes cal encontrades... será na que estou pensando eu?.



Nomofobia


O 8% dos universitarios españois sofre medo irracional a non levar encima o móbil A nomofobia (abreviatura da expresión inglesa “no-mobile-phone phobia”),non é unha enfermidade en si, senón un síntoma máis da adicción ao móbil. Segundo unha investigadora da Universidade de Granada, unha baixa autoestima, problemas coa aceptación do propio corpo e déficit en habilidades sociais e en resolución de conflitos favorecen a aparición deste trastorno. Esta é unha nova razón para traballar cuanto antes estas competencias na educación.
A experta en adiccións e directora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Granada, Francisca López Torrecillas, destaca que, a pesar de que algúns autores sinalan á nomofobia como unha das últimas enfermidades provocadas polas novas tecnoloxías, esta é só un síntoma máis da adicción ao móbil leer máis.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Aprendizaxe entre iguais


Fonte:http://mariacoleinfantil.blogspot.com/2010/11/clase-magistral-de-jose-angel.html

jueves, 15 de diciembre de 2011

Nacidos para aprender

Born to Learn é o primeiro dunha serie fascinante de animación co obxectivo de prover acceso aos novos descubrimentos realizados sobre como aprendemos.As ideas parten dun libro de John Abbott no que trata de mirar á adolescencia como unha oportunidade e non un problema.

martes, 13 de diciembre de 2011

Dale la vuelta: proxecto de educación para o consumo en educación infantil


"Dale la vuelta" é unha proposta centrada na educación emocional e cun enfoque desde as competencias básicas, que pretende darlle a volta ao consumismo.




Neste documento establécese o marco teórico de como levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor ofrecendo orientacións e exemplos de como tratar o consumo responsable desde o proxecto educativo do centro infantil, desde cada un dos equipos de dinamización presentes nas escolas, desde a biblioteca escolar ou desde o aula, en estreita colaboración coas familias e con outros servizos que atenden ás nenas e nenos galegos no seu día a día. Así mesmo, recolle tres ejemplificaciones didácticas nas que se mostra como traballar a educación para o consumo en cada un dos niveis do 2º ciclo de EI. Todo iso cunha chea de enlaces que amplían e complementan a información.






"Area cumpre 6" é un conto interactivo que se pode descargar aqui.




domingo, 11 de diciembre de 2011

Homes e mulleres

Os animais tardan minutos en elixir parella. Os humanos, con todo, necesitamos ata ano e medio. É a fase do amor romántico. Un ritual de cortexo no que vemos ao outro como alguén especial. Un alto nivel de dopamina no cerebro fai que ignoremos os defectos do noso amante. Outras dúas hormonas, a vasopresina e a oxitocina, encárganse de estimular lazos coa parella. O desexo e a confianza, ou os celos e a incomprensión, todo sucede nos cerebros de mulleres e homes. Por iso pode estudarse cientificamente. Uns como a neurobióloga Mara Dierssen e o escritor Allan Pease analizan como senten e relaciónanse mulleres e homes. Outros como a prestixiosa antropóloga neoiorquina Helen Fisher, estuda a química do amor. O programa tres14 fala con eles para saber en que nos parecemos os homes e as mulleres? como reacciona o cerebro cando nos namoramos? cal é a fórmula das parellas que duran? en que se fixan os homes?.
Ademais neste programa fálase do amor químico; somos tan diferentes os homes e as mulleres?; na orixe todos somos femias?; o amor é universal?; por que o bico é o símbolo do amor?; nacen máis nenas que nenos?; cal é a orixe do matrimonio?...

Click aqui

Fonte: http://www.rtve.es/television/20101122/hombres-mujeres---tres14/373559.shtml

Calquera xogo é saudable?

Como xa vimos noutra entrada o xogo representa un papel moi importante no desenvolvemento psicomotriz, cognitivo e afectivo-social dos nenos e nenas. Pero, calquera xogo é válido?
Déixovos unhas viñetas para reflexionar.





viernes, 9 de diciembre de 2011

A coeducación na Educación infantil

No seguinte documento amósanse pautas orientadoras para tratar a Coeducación na Educación Infantil. Xustifícase a necesidade de comezar unha educación non sexista nos primeiros anos de vida. analizando como se adquiren os roles e estereotipos de xénero, os factores que inflúen na súa aprendizaxe, así como o papel que para a infancia xogan as persoas adultas como modelos na adquisición dos mesmos. Acontinuación, inténtase analizar os distintos elementos curriculares desde o punto de vista da coeducación, facendo suxestións respecto da súa análise e tratamento, intentando relacionalos co Proxecto de Centro, Proxecto Curricular e Proxecto de Aula.

jueves, 8 de diciembre de 2011

Cando deixamos de xogar, deixamos de crecer


Os educadores aseguran que os nenos dedican cada vez menos tempo a xogar. Ocupan a maioría do seu tempo en actividades extraescolares como o inglés ou as matemáticas onde fomentar a súa capacidade intelectual. Buscan distracción na televisión ou os videoxogos. Pero abandonan o xogo no que teñen que imaxinar e que serve para madurar emocionalmente. Xogar non é só unha actividade lúdica senón que estimula o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Un neno que xogou na infancia será un adulto que saberá resolver os seus conflitos. A falta de oportunidades para xogar pode impedir que un neno creza integrado e feliz. Psicólogos e educadores interésanse cada vez máis polo xogo. fomos demasiado lonxe na dirección de ensinar aos nenos unicamente a competir. E os adultos?, tamén deberiamos recuperar o pracer de xogar? Como nos beneficia xogar?
Para ver o video clik aquí

Fonte:http://www.rtve.es/alacarta/videos/tres14/tres14-videojuegos-curan/1253677/

Canción de la vacuna

Os nenos de 5 anos interpretan cos seus debuxos a "Canción de la vacuna". Esta pode ser unha boa forma de perder o medo aos médicos.



Fonte: MUSIKEANDO 23 de xuño de 2011 en http://musikeandoceipcruceiro.blogspot.com/

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Aprendemos con Lara



Ciclo: 2º etapa (3-6 anos)
Área de coñecemento: Coñecemento do contorno
Bloque de contidos: Bloque; O medio físico
-Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.
-Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.
Criterios de avaliación/indicadores: experimenta cos obxectos e materiais para obter información.
Fonte de documentación/enlaces:
Conto: elaborado por Lúa García e Alba María Casal.
Bonecas: feitas por Puri González.
Rimas: creadas por Raquel Álvarez e Sabela Carrera.
Decorados: elaborados conxuntamente polo grupo.
Esperamos que vos guste :)

martes, 6 de diciembre de 2011

Conto recomendado por Laura

Laura di: aínda que pertence a determinada "televisión basura" paraceume moi interesante e orixinal tanto na maneira de contalo como no seu mensaxe e moi apto para que os máis pequenos vaian encontrándose a sí mesmos sen acorazarse nunha armadura.

City salud

Publicidade e saúde

Uso racional de antibióticos


Alimentación


Ambientes sen fume

domingo, 4 de diciembre de 2011

PABLITO Y VIRGINIA

Serie de vídeos didácticos para Infantil de Educación afectivo-sexual "Pablito y Virginia":
Video 1 Esa cousiña


Video 2 Como se fan os nenos?


Video 3 A fecundación


Video 4 Facer o amor


Video 5 O embarazo


Video 6 O parto


Video 7 Lactancia


Video 8 Namorarse

sábado, 3 de diciembre de 2011

Dicir si, dicir non

La historia del helado de pasas sin ron



Ciclo: segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 años).
Área de conocimiento: conocimiento del entorno.
Bloque de contenidos: aproximación a la naturaleza.
Criterios de evaluación: identificar los conceptos aprendidos anteriormente y demostrarlos de modo práctico; preguntar y formular hipótesis basadas en las experiencias con los objetos y materiales; identificar los elementos del espacio topográfico; relacionar cada actividad profesional con los elementos que la identifican.
Además será evaluable la actitud frente a la actividad, los compañeros e los maestros.
Realizado por: Julia Soto Freire, Raquel Sarmiento Borrajo,Thais Vidal Novoa, Ana Vázquez Álvarez y Noelia Pérez López.

viernes, 2 de diciembre de 2011

Glogsters saudable


Autora:Bibiana Varela Tombo

Asertividade



Ciclo: 2º ciclo

Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal

Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe e a actividade cotiá

Criterios de avaliación: Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas; participar en xogos e actividades colectivas aceptando as normas que os rexen.

Alba Salgado Pérez

jueves, 1 de diciembre de 2011

Día 1 de decembro día mundial da SIDA



Publicidade reflexiva


Publicidade inxeniosa

As nosas normas


Ciclo: 2ºciclo de Educación infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contenidos: O coidado persoal
Criterios de avaliación: manifestar hábitos de hixiene corporal e benestar empregando adecuadamente os espazos e materiais
Autores:
Delfín Riveiro
Esther Rodríguez
Alba Salgueiro
Erea Seoane
Daviana Sousa
Almudena Vázquez

Los 40 de mi papá



Ciclo: 2º ciclo de Educación Infantil.
Área de coñecemento: coñecemento do contorno.
Bloque de contidos: Cultura e vida en sociedade.
Criterios de evaluación: coñecer o que lles favorece para a sua saúde. Relacionarse coas demais persoas, de forma cada vez máis equilibrada e satisfactoria, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a elas. Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseadas no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade a que pertencen.
Fonte de documentación: google.es/imagenes; http://www.cuentosparaconversar.net/edex_cast.htm.

Autoras:
Cristina Álvarez Estévez
Beatriz Faro Carrera
Lucía Fernández Gómez
Judit Fernández López
Estela Fernández Rodríguez Estela
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...