domingo, 11 de diciembre de 2011

Homes e mulleres

Os animais tardan minutos en elixir parella. Os humanos, con todo, necesitamos ata ano e medio. É a fase do amor romántico. Un ritual de cortexo no que vemos ao outro como alguén especial. Un alto nivel de dopamina no cerebro fai que ignoremos os defectos do noso amante. Outras dúas hormonas, a vasopresina e a oxitocina, encárganse de estimular lazos coa parella. O desexo e a confianza, ou os celos e a incomprensión, todo sucede nos cerebros de mulleres e homes. Por iso pode estudarse cientificamente. Uns como a neurobióloga Mara Dierssen e o escritor Allan Pease analizan como senten e relaciónanse mulleres e homes. Outros como a prestixiosa antropóloga neoiorquina Helen Fisher, estuda a química do amor. O programa tres14 fala con eles para saber en que nos parecemos os homes e as mulleres? como reacciona o cerebro cando nos namoramos? cal é a fórmula das parellas que duran? en que se fixan os homes?.
Ademais neste programa fálase do amor químico; somos tan diferentes os homes e as mulleres?; na orixe todos somos femias?; o amor é universal?; por que o bico é o símbolo do amor?; nacen máis nenas que nenos?; cal é a orixe do matrimonio?...

Click aqui

Fonte: http://www.rtve.es/television/20101122/hombres-mujeres---tres14/373559.shtml

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...