Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
domingo, 18 de diciembre de 2011
Nomofobia
O 8% dos universitarios españois sofre medo irracional a non levar encima o móbil A nomofobia (abreviatura da expresión inglesa “no-mobile-phone phobia”),non é unha enfermidade en si, senón un síntoma máis da adicción ao móbil. Segundo unha investigadora da Universidade de Granada, unha baixa autoestima, problemas coa aceptación do propio corpo e déficit en habilidades sociais e en resolución de conflitos favorecen a aparición deste trastorno. Esta é unha nova razón para traballar cuanto antes estas competencias na educación.
A experta en adiccións e directora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Granada, Francisca López Torrecillas, destaca que, a pesar de que algúns autores sinalan á nomofobia como unha das últimas enfermidades provocadas polas novas tecnoloxías, esta é só un síntoma máis da adicción ao móbil leer máis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Os móviles na actualidade son elementos indispensables na nosa vida. Quedeime verdaderamente sorprendida que exista unha denominación para falar da adicción ao telefóno. Eu penso que máis que adición é costume. Os nosos pais sempre din que eles non o tiveran e sobrevivian perfectamente, pero claro eu penso que non se pode extrañar algo que non se tivo. Pois ven ainda que me parece un pouco fortes estas informacións posiblemente baixo o meu punto de vista son pouco benificiosos, pero como todo en exceso. Como ven se dí afecta por exemplo as habilidades sociais, pero tamén temos que ser conscientes de que por exemplo no caso dos universitarios son elementos indispensables para comunicarse cos seus pais se se atopan fora da casa.
Sheila Fernández Pérez
Coincido totalmente con Sheila, é un costume.
O móbil é un dos inventos máis útiles da sociedade actual, consideroo necesario para saír de casa, igual que a carteira ou as chaves da casa.
Sen dúbida comparto a idea das miñas compañeiras.
Hoxe en día e cada vez máis o móbil é un elemento indispensable na nosa vida diaria ata o punto de que crea adicción. Do mesmo modo, os servicios que ofrecen tamén son moito máis amplios e variados (xogos, reproductor de música, radio, cámara de fotos, internet...) polo que ao ser un aparello moi completo o seu uso incrementase considerablemente.
Penso que en moitas ocasións a necesidade de comunicación permanente faise excesiva, e isto é algo que me consta. O que verdadeiramente me sorprende é que a autoestima ou a aceptación do propio corpo estén directamente relacionados coa nomofobia.
É unha mostra máis da importancia de traballar xa na infancia e dende a escola estes aspectos xa que a súa repercusión nos comportamentos e actitudes futuras é máis grande do que se pensa.
Publicar un comentario