SÓ É O PRINCIPIO é unha película documental sobre clases de Filosofía para Nenos, captado con calidez e sensibilidade, na senda de Ser e ter de Nicolas Philibert, que promove á reflexión sobre a nosa capacidade ética, social e humana, e sobre a importancia dunha boa educación desde a infancia. Os expresivos e vitais protagonistas chámanse Azouaou, Abderhamène, Louise, Shana, Kyria ou Yanis. Teñen entre 3 e 4 anos cando, xuntos, expón libremente, coas súas emocións e contradicións, as súas ideas sobre o amor, a liberdade, o liderado, a intelixencia, a morte... Ao longo dun curso, sentados nun círculo ao redor dunha vela acesa, con axuda da súa mestra Pascaline, aprenden a expresarse, a escoitarse mutuamente e a coñecerse mellor. Entre todos fan filosofía, reflexionan sobre temas importantes, a miúdo esquecidos na nosa sociedade. Non hai estudantes bos nin malos: o fundamental é pensar por si mesmos. Os nenos falan coas súas propias palabras, cheas de espontaneidade, humor, lóxica e poesía; cargadas en moitas ocasións dun incrible e envexable sentido tolerante e cívico.
Estrenouse o 7 de setembro de 2012, eu non a vin pero ten moi boa pinta. Déixovos o trailer.
Estrenouse o 7 de setembro de 2012, eu non a vin pero ten moi boa pinta. Déixovos o trailer.
10 comentarios:
Alguén pode conseguir esta peli?
Este cortometraje me parece muy interesante y considero que se debería de realizar esta serie de sesiones en todos los colegios de infantil, porque aprenden a dar sus opiniones, ideas, a respetar el turno de compañeros, sacar as suas emocións, a ser espontaneos, aprenden a expresarse mellor, etc. Estas sesións abrelles a mente, a ter que pensar que opinian eles mesmos sobre un tema do que fale a profesora. Esta muy bien que los niños aprendan a reflexionar ya desde muy niños, porque esto si que hace una buena educación desde la infancia. Debería implantarse este tipo de clases para todos los niños, para que saquen sus dudas e ideas y relacionen temas aveces también olvidados en nuestra sociedad, con sus ideas y opiniones diversas. Me parece muuuy interesante esta pelicula y la recomiendo a todos mis compañeros.
Ya que no hay para ver desde youtube la pelicula completa os dejo aqui la primera escena:
http://www.youtube.com/watch?v=isySTl1clzY
Tania Suárez Cortegoso.
A verdade e que a min tamén me parecía unha película moi interesante para ver...intentei buscar en moitas páxinas webs e aparecen , pero todas son de pago, debe de ser polos dereitos de autor...
http://www.estrenosonline.org/online/solo+es+el+principio
http://www.cinetube.es/documentales/otros/ver-documental-solo-es-el-principio.html
http://www.newplayerupdates.com/cambio/?r=6MJQPWQ8B590E&offer_id=86&transaction_id=1031b386603fc5894a9841bc51c836
E por último este enlace provén da película verdadeira que é francesa e saíu en carteleira o 17 de novembro de 2010 ainda que aquí en España efectivamente non se estrenou ata setembro diste ano...
http://www.allocine.fr/film/fichefilm_gen_cfilm=147579.html.
Esta es una técnica muy buena para emplear en clase y tratar temas que hoy en día parecen tabú, de los que nadie quiere tratar pero que es bueno que los niños entiendan y sepan.
Creo que todas las profesoras sobre todo de Infantil, deberían hacer esta "asamblea" por lo menos una vez al mes tratando diferentes temas de interés y recopilando todo lo que los niños piensan y a partir de ahí, ir guiando el diálogo.
Un salúdo, María Carrera García!
Gustaríame ver esta película, creo que pode dar ideas moi intersantes para tratar moitos temas que se consideran díficiles de tratar con nenos. Por outra banda a miña opinión é que "filosofía" é moito máis do que a min me ensinaron, xa que a cursei en bacharelato e tan só se ciñiron a explicarme un montón de teorías de un montón de autores. Iso para min non é filosofía, e como se ve no trailer desta película, a filosofía debería empezar a explicarse dende que somos moi pequenos, ao igual que se ensinan as mates, ou as linguas...
E que quizáis deberíamos centrarnos en ensinar máis filosofía aos nenos e menos conceptos... xa que en sí FILOSOFÍA significa, amor pola sabiduría.
En la etapa de infantil estamos acostumbrados a escuchar “¿y por qué? “. En muchas ocasiones los adultos resolvemos estas cuestiones con respuestas cortas para hacer que los niños cubran su duda, pero no damos la opción de que los niños reflexionen sobre el porqué de las cosas. Por eso la actividad que hace esta profesora me parece muy interesante ya que deja que todos los niños piensen por si mismos y expresen lo que sienten sobre ese tema.
É unha pena que non poidamos disfrutar desta película ata que se publique en dvd, haberá que esperar, e sempre nos quedará you tube. Este trailer me recordou Ser y tener, unha película tamén francesa que conta o día a día nunha escola rural francesa, https://www.youtube.com/watch?v=ybQtTnF2a3w, esta sí que está en you tube en español, para traballala hai unha boa introdución en http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temasserytener.htm a páxina de Enrique Martínez-Salanova que ten moita información para traballar o cine na aula. Polo que se refire á temática de “Sólo es el principio” por ser tan cercana a miña formación non podo máis que estar de acordo con que á filososfía é indispensable na formación dos nenos en todas as idades, axuda a facerse críticos, reflexivos ensina a preguntar a interrogar aos demais e a un mesmo. Moitas veces os mestres non se atreven a usar a filosofía na clase por falta de formación ou de recursos. Penso que todas as persoas teñen capacidade para dirixir á pregunta e a reflexión e para axudar hai materiales excelentes que temos na biblioteca desta universidade, todos os libros de Mathew Lipman cos caderniños de traballo e de outros autores como Ann Sharp, por exemplo Hospital de Bonecas se pode adaptar a infantil. Este tipo de iniciativas si que me parecen interesantes e revolucionarias, creo que esta forma de entender a educación si pode ir fraguando un cambio interesante e non cos mantras repetitivos da Educación Prohibida.
Como ben di Iria Martínez, a estas idades tan temperás os nenos preguntan constamente aos adultos que teñen cerca, cuestionan case todo o que os rodea. En moitas ocasións estas preguntas son mal vistas polos adultos, xa que, por un lado, lles resultan cansinos, e fundamentalmente, porque non teñen ou non saben como dar a resposta que os nenos precisan.
A filosofía é un ámbito que orixinalmente estaba ligado á reflexión para alcanzar unha sabedoría, pero hoxe en día quedou reducido a unha mera materia de bacharelato, na que o único que se fai, excepcións a parte, é repetir de memoria uns contidos, sen por suposto entendelos, para reproducilos nun exame que decidirá a nosa media, e por conseguinte, o noso futuro. ¿Cómo vai ser esta materia apreciada polos alumnos se teñen que memorizar contidos arduos, sen sentido aparente?
O que estamos facendo convertindo a filosofía nunha materia que se traballa pouco e mal, é destruíla. Para empezar, ¿Por qué reducida ao ámbito do bacharelato? Porque temos a equivocada concepción de que os nenos pequenos non poden reflexionar, mentres que temos ante nós toda unha serie de inquietudes, manifestadas a través desas sempre “inoportunas” preguntas, que precisan dunha reflexión para poder entender o seu sentido. Os nenos queren e poden participar no saber, non adoptar o do adultos, senón descubrilo por eles mesmos. E nada mellor que o diálogo que se fomenta na película, onde a mestra introduce un tema e fai de guía para os nenos, pero son eles mesmos, os que durante o coloquio cos seus compañeiros, van encontrando resposta a todas as súas curiosidades.
Aínda que non vin a película, considero que, como futuro docentes, poderemos e debemos aprender moito dela, pois para levar a cabo todas estas iniciativas, a base de todo é a nosa propia formación.
Alba Souto Pereira.
Publicar un comentario