miércoles, 28 de septiembre de 2011

Ao longo da nosa traxectoria escolar todos temos experiencias deste tipo

Di Santos Guerra non post anterior "para que se dea a aprendizaxe o coñecemento ten que conectar cos saberes previos do aprendiz". Déixovos un debuxo do psicopedagogo Francesco Tonucci onde expresa a mesma idea pero gráficamente.





View more documents from iesotero.

6 comentarios:

Alimentación dijo...

Ademáis de contar cos saberes previos do alumno. E penso que un mestre na aula debe explicar o concepto de reprodución de forma máis gráfica e así o alumnado aprenderá antes.Soraya Silva Aparicio

Raquel Alvarez dijo...

Moitas veces os mestres falanlle aos cativos cunha linguaxe moi técnica, como ocorre nesta imaxe. É moi importante comprender e ter en conta os coñecementos previos de CADA alumno,para que así os nenos entendan o que se lle explica e non lle resulte un idioma descoñecido.
O que debería de facer a mestra deste debuxo sería explicar primeiro os conceptos como "espermatozoides, vagina, óvulo, ovarios.." antes de comezar a explicación, ou doutro xeito máis activo, preguntarlle a cada neno se sabe o que é un óvulo ou un espermatozoide.

Unknown dijo...

Débese ter en conta ademais as experiencias do alumnado e a madurez intelectual.

Jorge Menor Menor dijo...

A capacidade de empatizar co alumno é moi importante, asi como coñecer as vivencias que ten, de onde ven, a súa madurez...para estar seguros de que o que se lle explica o logra comprender e que sexa capaz de explicalo se lle preguntan a él.

Aitor Barbosa González dijo...

Estamos na de sempre, non se pode instruir ningún tipo de materia desta, para os nenos ten que ser algo que lle chame a atención, que lles pareza interesante, de forma lúdica, ou traballando, pero non pode consistir en estar unha hora calados sen facer nada e escoitando ó profesor ser máis, sexa con coñecementos previos ou non, para estas idades é calquer cousa menos lucrativo, diso estou seguro.

Noel Eiras Gándara dijo...

É unha viñeta que explica moi ben o que non debemos facer os docentes; explicar algo sen antes facer unha introducción do tema, xa que moitos rapaces nunca escoitaron falar deste tema nin de moitos outros o que debemos facer é interactuar con eles que digan primeiro o que creen eles que é un ovulo, un testículo, un espermatozoide e logo irlle explicando o tema dunha forma máis amena e divertida mediante debuxos e películas,etc.Estou de acordo con Aitor en que ten que ser algo que lle chame a atención e lle interese o tema pero non estou de acordo en que deste tema non xa que si se realiza dunha forma interactiva os rapaces poderán pasalo ben aprendendo algo fundamental nas sás vidas.
Noel Eiras Gándara

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...