Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Ademáis de contar cos saberes previos do alumno. E penso que un mestre na aula debe explicar o concepto de reprodución de forma máis gráfica e así o alumnado aprenderá antes.Soraya Silva Aparicio
Moitas veces os mestres falanlle aos cativos cunha linguaxe moi técnica, como ocorre nesta imaxe. É moi importante comprender e ter en conta os coñecementos previos de CADA alumno,para que así os nenos entendan o que se lle explica e non lle resulte un idioma descoñecido.
O que debería de facer a mestra deste debuxo sería explicar primeiro os conceptos como "espermatozoides, vagina, óvulo, ovarios.." antes de comezar a explicación, ou doutro xeito máis activo, preguntarlle a cada neno se sabe o que é un óvulo ou un espermatozoide.
Débese ter en conta ademais as experiencias do alumnado e a madurez intelectual.
A capacidade de empatizar co alumno é moi importante, asi como coñecer as vivencias que ten, de onde ven, a súa madurez...para estar seguros de que o que se lle explica o logra comprender e que sexa capaz de explicalo se lle preguntan a él.
Estamos na de sempre, non se pode instruir ningún tipo de materia desta, para os nenos ten que ser algo que lle chame a atención, que lles pareza interesante, de forma lúdica, ou traballando, pero non pode consistir en estar unha hora calados sen facer nada e escoitando ó profesor ser máis, sexa con coñecementos previos ou non, para estas idades é calquer cousa menos lucrativo, diso estou seguro.
É unha viñeta que explica moi ben o que non debemos facer os docentes; explicar algo sen antes facer unha introducción do tema, xa que moitos rapaces nunca escoitaron falar deste tema nin de moitos outros o que debemos facer é interactuar con eles que digan primeiro o que creen eles que é un ovulo, un testículo, un espermatozoide e logo irlle explicando o tema dunha forma máis amena e divertida mediante debuxos e películas,etc.Estou de acordo con Aitor en que ten que ser algo que lle chame a atención e lle interese o tema pero non estou de acordo en que deste tema non xa que si se realiza dunha forma interactiva os rapaces poderán pasalo ben aprendendo algo fundamental nas sás vidas.
Noel Eiras Gándara
Publicar un comentario