viernes, 9 de diciembre de 2011

A coeducación na Educación infantil

No seguinte documento amósanse pautas orientadoras para tratar a Coeducación na Educación Infantil. Xustifícase a necesidade de comezar unha educación non sexista nos primeiros anos de vida. analizando como se adquiren os roles e estereotipos de xénero, os factores que inflúen na súa aprendizaxe, así como o papel que para a infancia xogan as persoas adultas como modelos na adquisición dos mesmos. Acontinuación, inténtase analizar os distintos elementos curriculares desde o punto de vista da coeducación, facendo suxestións respecto da súa análise e tratamento, intentando relacionalos co Proxecto de Centro, Proxecto Curricular e Proxecto de Aula.

2 comentarios:

David Bobillo Añel dijo...

A coeducación é un dos temas máis tratados no noso blog de educación afectivo sexual. O noso vídeo conxunto fala dos esterotipos e das "etiquetas". Recomendo o vídeo polo tema do que falamos e por poder ver as dotes teatrais de algún dos vosos compañeiros.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=LpOERPOFnyk
Buen fin de puente.
Saludos
David Bobillo Añel

Noel Eiras Gándara dijo...

Considero moi importante o tema da coeducación tanto na educación infantil, como nas etapas posteriores, como nas casas, xa que as persoas con mentalidades tradicionais deben cambiar de opinión e saber que homes e mulleres somos iguais.
Por certo, recomendo o video anteriormente mencionado por David posto que,creo que representamos moi ben a loita que aínda está presente dos estereotipos.
Noel Eiras Gándara

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...