Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
O rapaz un crack a verdade sobre todo no comezo, logo bueno líase un pouco normal. Dicir que a aprendizaxe entre iguais é decisiva porque os iguais fan as cousas dunha maneira más parecida ca do profesor ou profesora.Un aprendizaxe en condicións iguais facilita o éxito. Logo gustóume moito cando di agora non se pode reir que eu estou falando, a verdade o resto o respeta bastante da gusto velos levantar a man para falar.
Un saúdo
David Bobillo Añel
Que ben o fai o neno!! Sen dúbida algunha considero que é unha moi boa idea!Seguramente os nenos lle presten máis atención ó seu compañeiro que se o profesor ou a profesora explica este tema.
Cristina Álvarez Estévez
Permitir aos alumnos que desenvolvan o rol de profesor fará que se enriquezan, progresen e aprendan uns dos outros. Por iso, considero que a aprendizaxe entre iguais debería de realizarse nas aulas de cando en vez.
En canto ao vídeo, sorprendeume moito o bo comportamento que teñen os nenos ante a situación, e o rapaz que desenvolve o rol de profesor faino xenial.
Un saúdo
A atención que prestan os compañeiros a explicación do neno é increible. Penso que que os nenos desenvolvan diferentes rols é importante para o seu desarrollo e aprendan o que é cada un, a súa importacia e aprendan uns de outos. Deste xeito como se observa no vídeo tamén se aprende a saber escoitar uns aos outros.
Pareceme incrible que unha persoa, un bo profesional como é o mestre destes alumnos consiga o que se aprecia no vídeo. Esta grabación servenos de grande lección a todos os futuros docentes e aos que xa o son, xa que nela se relicte o gran traballo que se pode chegar a facer cos máis pequenos. Alegrame saber que contamos con xente que comparte as súas experiencias para poder aprender a ser bos mestres ou mellores, xa que sempre se pode mellorar.
Andrea Queiro
Publicar un comentario