domingo, 18 de diciembre de 2011

Bon Nadal e feliz ano con tres eses

Como xa van rematar as clases quero felicitarvos estas festas dun xeito un pouco atípico: A chistmas story.

Preguntarédesvos o por que das tres eses... deséxovos un 2012 SAUDABLE, SOLIDARIO E SOSTIBLE. Podería por outra S, pero mellor vos remito o tema 4 do programa, xa me diredes cal encontrades... será na que estou pensando eu?.



3 comentarios:

Raquel Alvarez dijo...

Hola,
O vídeo pareceume moi precioso, encantoume. É moi emotivo xa que nel podemos ver como os cans se manteñen unidos e todos xuntos loitan por salvar ao seu compañeiro que está mal.
Por certo, a S a que se refire, poderia ser a S de Sexualidade?? porque o tema 4 que recorde falábanos diso.

Bo Nadal e Felices Festas

Raquel Álvarez García

Unknown dijo...

Podería ser esa S sen dúbida pero non era a que estaba pensado... podedes seguir elucubrando.
Saúdos

Emma Garrido Vila dijo...

Gustoume moito o vídeo, o certo é que xa o coñecía pola película pero aínda así encantoume volver a velo! Como ben dixo a miña compañeira é moi bonito ver como se axudan uns cans aos outros e non deixan a un compañeiro atrás incluso nos peores momentos. E recordo da película que o chico non quería deixalos alí pero que por mor ao tempo non lle quedara opción e por iso a parte que máis me gusta é o reencontro,pensar que os perdera, xa que non estaban onde os deixaran, e de pronto ver como os cans se botan a correr cara eles e os abrazan.
E con respeto ao "S" que buscamos recordo que último día de clase ademais dun ano saudable, solidario e sostible desexárasnos moita SORTE, e rebuscando no tema catro atopei a palabra nunha noticia dun periódico, e esa entón a palabra?
Un saúdo e feliz ano!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...