jueves, 8 de diciembre de 2011

Cando deixamos de xogar, deixamos de crecer


Os educadores aseguran que os nenos dedican cada vez menos tempo a xogar. Ocupan a maioría do seu tempo en actividades extraescolares como o inglés ou as matemáticas onde fomentar a súa capacidade intelectual. Buscan distracción na televisión ou os videoxogos. Pero abandonan o xogo no que teñen que imaxinar e que serve para madurar emocionalmente. Xogar non é só unha actividade lúdica senón que estimula o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Un neno que xogou na infancia será un adulto que saberá resolver os seus conflitos. A falta de oportunidades para xogar pode impedir que un neno creza integrado e feliz. Psicólogos e educadores interésanse cada vez máis polo xogo. fomos demasiado lonxe na dirección de ensinar aos nenos unicamente a competir. E os adultos?, tamén deberiamos recuperar o pracer de xogar? Como nos beneficia xogar?
Para ver o video clik aquí

Fonte:http://www.rtve.es/alacarta/videos/tres14/tres14-videojuegos-curan/1253677/

5 comentarios:

David Bobillo Añel dijo...

Por suposto que os adultos temos que xogar. A mín encántame xogar: libérame, axúdame a liberar stress a estar bem conmigo mismo. Por iso propoño que os nenos e nenas teñen que xogar e temos que telo en conta cando esteamos con eles nas aulas.
Un saúdo
David Bobillo Añel

Rebeca Montes dijo...

Este tema es muy importante porque últimamente los niños juegan menos que nunca y solamente les importan la televisión y los videojuegos y prácticamente no le dedican nada de tiempo a jugar. Además en este tema, puedo decir que tengo algo de conocimiento porque se basa nuestro proyecto de investigación de Salud y los resultados demuestran que los niños cada vez saben jugar menos.
Respeto a lo de los adultos claro que debemos jugar y es más, debemos ser nosotros los que animemos a los más pequeños a que jueguen más y dejen de ver tanto la televisión y jugar a videojuegos.

Raquel Alvarez dijo...

O xogo é a actividade máis importante dos nenos; os nenos e nenas xogan para divertirse e distraerse pero o que non saben e que mentras xogan estan aprendendo.Moitos pais pensan que o xogo é unha perda de tempo, pero non é asi, é fundamental para o desarrollo físico, mental e emocional dos cativos.
Por suposto que os maiores tamén deberiamos ter un tempo adicado ao xogo porque xogando relacionamonos con outras persoas e é unha boa forma de relaxarse.
Sempre que poidamos debemos aproveitar para xogar con nenos do noso entorno.

Raquel Álvarez García

Irene Varela Carpintero dijo...

Pr suposto que temos que seguir xogando,aprendendo e descubrindo couas descoñecidas para cada un de nós. A imaxinación, a risa, a estratexia, a cooperatividade, a rivalidade sa...todo iso pérdese cando nós nos perdeos na rutina do traballo e o dia a día.Pero temos que darnos a oportunidade de xogar e de seguir madurando esa serie de cousas.

Paula Pérez Martín dijo...

Penso que é un vídeo moi interesante que aborda un tema de moita actualidade. Os nenos e nenas teñen uns horarios tan cheos como os adultos. A sociedade parece non ver beneficioso que un neno ou nena, simplemente, vaia á escola pola mañá e pola tarde teña tempo para xogar, ir ó parque, facer deporte... cremos que é mellor que vaia a inglés, informática,...
Pareceume moi representativo o que dixo Arnaiz "unha mente que non xoga é unha mente que crecerá con dificultade". Se @s nen@s non teñen oportunidade de crear, inventar, dar novos usos os obxectos,... o día de mañá non saberán que facer cando se lles pida algo diferente ou que pensen outra maneira de facer algo, pois non tiveron oportunidade de realizalo cando a súa imaxinación era grande.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...