Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
miércoles, 7 de diciembre de 2011
Aprendemos con Lara
Ciclo: 2º etapa (3-6 anos)
Área de coñecemento: Coñecemento do contorno
Bloque de contidos: Bloque; O medio físico
-Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.
-Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.
Criterios de avaliación/indicadores: experimenta cos obxectos e materiais para obter información.
Fonte de documentación/enlaces:
Conto: elaborado por Lúa García e Alba María Casal.
Bonecas: feitas por Puri González.
Rimas: creadas por Raquel Álvarez e Sabela Carrera.
Decorados: elaborados conxuntamente polo grupo.
Esperamos que vos guste :)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
As miñas felicitacións polo resultado do vídeo. É moi orixinal e vese moi traballado. Xenial os escenarios e tamén os bonecos. Noraboa!
Bicos
David Bobillo Añel
Felicidades chicas!!! O vídeo está moi ben feito é unha maneira de aprender. As bonecas e as rimas estupendas.
María Blanco García
Publicar un comentario