lunes, 31 de octubre de 2011

Happy Halloween

Halloween ou Noite de Bruxas é unha festa que se celebra, principalmente en Estados Unidos, a noite do 31 de outubro. Ten orixe na festividade celta do Samhain e a festividade cristiá do Día de todos os santos. Déixovos o seguinte enlace, credes que os nenos e nenas poderían rirse do medo e á vez aprender un pouco de inglés? CLIK na seguinte fotografía.



jueves, 27 de octubre de 2011

Doce coma o mel

Recoméndovos un post do blog de dúas profesoras de infantil: Angeles Abelleira e Isabel Abelleira.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Vexetais

Angeles Vidal profesora de Educación infantil recoméndanos este pps do conto "Que tal vegetal". Di que aos nenos gústalle moito, espero que a vós tamén.

lunes, 24 de octubre de 2011

Ama o que fagas. In memoriam de Steve Jobs

O discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford no 2005 é un dos vídeos máis vistos da historia en You tube. A claridade das súas mensaxes, sen dúbida, deixa unha fonda pegada. O 5 de octubro, día da súa morte, alguén me comentou que volo recomendase.
"Sigan famentos, sigan aloucados"

sábado, 22 de octubre de 2011

Acción contra a fame

Andrea, unha alumna miña do ano pasado, mandoume o seguinte video que quero compartir con todos vos.

miércoles, 19 de octubre de 2011

19 de octubro día contra o cancro de mama







O touro Ferdinando

A historia de Ferdinando é a obra máis coñecida do norteamericano Munro Leaf, ilustrada por Robert Lawson. Foi levada aos debuxos animados por Disney e premiada cun Oscar en 1938.



Despois de ver este curto que competencias poden traballarse no aula?

lunes, 17 de octubre de 2011

En España o Colectivo Harimaguada de Canarias traballaba na década dos noventa a Educación afectivo-sexual



Obxetivos,contidos e actividades da Unidade didáctica titulada " A nosa orixe":



Que vos parece esta forma de traballar de fai máis de dez anos?

Tamén podedes descargar o pdf da Unidade Didáctica na carpeta de documentos de Faitic no archivo titulado: Educación Afectivo-Sexual en la Educación Infantil Nuestro origen.Colectivo Harimaguada (1999)

jueves, 13 de octubre de 2011

Samaín, un bo momento para traballar o medo

O medo é unha emoción primaria que se deriva da aversión natural ás ameazas. Desde o punto de vista biolóxico constitúe un mecanismo de defensa xurdido para permitirlle aos animais responder ante situacións de perigo con rapidez. Pénsase que moitos medos son practicamente universais, instintivos e innatos.
Os nenos, ao longo do seu desenvolvemento, padecen e experimentan numerosos medos e considérase que son un compoñente do seu desenvolvemento, que lles proporciona medios de adaptación a situacións variadas. Con todo, cando este medo é desadaptativo (non obedece a ningunha causa real de perigo potencial ou se sobrevaloran as posibles consecuencias) o resultado é un enorme sufrimento por parte do neno que o padece e pode condicionar o seu funcionamento e alterar sensiblemente a súa capacidade para afrontar situacións cotiás (ir durmir, ir á escola, estar só, etc).
No caso dos nenos da Educación Infantil o medo á escola, á escuridade, ás catástrofes aos seres imaxinarios (bruxas, pantasmas, entre outros), poden converterse nos temas centrais. A escola pode ser un bo lugar para tratar os medos de forma natural. Moitos destes medos ven inducidos polo ambiente externo como os contos, as películas, etc. e outros están fundados en experiencias negativas do neno, e de feito poden servir como alarma para identificar situacións dalgúns malos tratos ou abuso.

Deixovos como exemplo un xogo e una canción para traballar os medos no aula:

Para xogar click aquí

miércoles, 12 de octubre de 2011

Educar a nenos con cerebros do Pleistoceno

O coñecemento do cerebro avanzou de forma espectacular nos últimos anos pero estes avances aplicáronse máis en medicina que na educación. Do cerebro dependen a personalidade, os pensamentos, os sentimentos polo que se fai moi importante que os/as docentes coñezan o seu funcionamento.
José Antonio Marina, filosofo e pedagogo, invítanos a explorar o sistema nervioso e, en especial, o cerebro infantil no seu libro "O cerebro infantil. A gran oportunidade". Déixovos un pequeno vídeo de presentación, podedes atopar máis aquí.

martes, 11 de octubre de 2011

Seguindo coa aprendizaxe por imitación



Ioga para cativos

Axudados polo ioga, os cativos aprenderán a relaxarse, axudaralles a enfrontarse ás situacións conflitivas e á falta de concentración. Ademais achégalles forza, mobilidade e elasticidade. Despois de ver o video cres que esta disciplina física e mental pode ser interesante na Educación Infantil?

sábado, 8 de octubre de 2011

Traballar autoestima é imprescindible en EpS

A palabra autoestima repetímola diariamente, pero que é realmente a autoestima? defínímola como concepto amplo que expresa a teoría que as persoas teñen de se mesmas (como se ven, como se representan, etc.) e a súa valoración ou grao de satisfacción (se se gustan, se se aceptan, etc.)
Ten moito que ver coa necesidade que temos todos de ser amados, valorados e tidos en conta polas persoas que nos rodean e interésannos.
A valoración que facemos de nós mesmos, é capaz de producir unhas reaccións emocionais que nos fai sentir un grao de benestar ou malestar, de satisfacción ou insatisfacción.
Desde que nacemos a familia e a escola teñen unha importancia decisiva no desenvolvemento da autoestima. A protección física, a aceptación, a satisfacción das necesidades afectivas, o contacto físico, os estímulos e os encomios son imprescindibles para un desenvolvemento saudable.
Unha autoestima baixa adoita ir acompañada de valores e potencialidades que unha mala educación encargouse de reprimir. Unha boa autoestima axuda estimula a autonomía persoal, facilita a superación das dificultades e favorece as relacións persoais. Pola contra unha baixa autoestima predispone á agresividade como resposta aos sentimentos de pouco valor e facilita mecanismos defensivos de inferioridade, crea sentimentos de incapacidade e produce reaccións de illamento para contrarrestar o rexeitamento e o sufrimento.

autoestima

miércoles, 5 de octubre de 2011

No día dos docente unha homenaxe a unha mestra

David Bobillo deixou nun comentario de hoxe o texto dunha canción de Pedro Guerra adicada a unha mestra. Pareceume que podería ser interesante escoitala. Atopei o video que vos deixo cos debuxos do propio autor. A historia da canción podedes lela aqui.





Día mundial dos docentes




O Día Mundial dos Docentes conmemórase cada ano o 5 de outubro, para celebrar a función esencial do profesorado na prestación dun ensino de calidade en todos os niveis.

lunes, 3 de octubre de 2011

O espazo do ensino é o espazo do diálogo. Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade.

Hoxe faleivos en clase da miña carpeta de cousas importantes. Ao chegar a casa abrina e atopei este artigo de Manuel Rivas que, aínda que non está directamente relacionado coa EpS, desexo que leades pois esta moi ao fio de algúns dos vosos comentarios.

Eu non podería expresar mellor o que penso. Cando o leín, alá por xullo, subliñei as seguintes frase "Fun criado no respecto ao mestre. Se cadra coñecín mestres, persoas concretas, que non merecían ese respecto, mais toda a humanidade que me arrodeaba,meus pais, meus veciños, todos me transmitiron o respecto á muller ou home que daban escola. Non era un respecto dócil.O respecto é diferente do servilismo, da docilidade. En realidade, o que a min me transmitían era o respecto polo coñecemento, pola aprendizaxe, pola curiosidade de pescudar no descoñecido,de avanzar contra a ignorancia."
"O espazo do ensino é o espazo do diálogo.Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade. Mais construír ese espazo esixe sutileza, grandes depósitos de esperanza e unhas condicións de confianza básica. É un traballo delicadísimo. De primeira liña de risco. E de enorme paciencia."

domingo, 2 de octubre de 2011

Desde a escola podemos facer que isto cambie

what's virgin mean?





A EpS debe dotar aos educadores e aos pais dos coñecementos necesarios sobre a sexualidade, para que os nenos e nenas aprendan a vivir a sexualidade dunha forma saudable evitando coñecementos erróneos. Debemos facer da sexualidade un contido máis do currículo, que permita deixar ao carón os sentimentos de vergoña ou culpa que desde a nosa cultura acompañárona e aprender a ver que a sexualidade só é un aspecto máis da vida dos seres vivos.Como di o Colectivo Harimaguada: "é noi importante respostar con naturalidade as preguntas dos cativos e permitirlles que se toquen, que se miren, que se queran pois así estamos permitindo un desenvolvemento axeitado da súa sexualidade". Debemos entender o ser humano como un ser "biopsicosocial" e isto debe reflectirse sin dúbida na educación.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...