Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
O que máis destaco deste vídeo de Miguel Angel é a metáfora que fai entre unha mala educación e unha boa educación. Considera que a mala educación é aquela na que se transmiten os coñecementos e os contidos aos alumnos mentras que na boa educación os mestres-as pasarían a ser "guías" no proceso de aprendizaxe do neno-a e lle axudan a ser autónomos.
Por outra parte, cara o final do vídeo aparece o que a profesora Carmen nos dixo en clases; que en países como Cuba a profesión de mestre está moito mellor aceptada e respetada; si unha persoa quere estudar químicas necesita ter un 90( a nota máxima é 100) e se outra quere ser mestre de química necesita un 98. Esto quere decir que un docente necesita moita máis preparación para traballar de forma axeitada cos seus alumnos.
Estou de acordo ca parte que fala das dificultades e di que delas apréndese. A xente que ten unha vida fácil na que lle dan todo non aprecia moitas cousas, penso que iso é importante o valorar o que temos e o descubrir quen somos a través da educación. O que penso que é a nosa labor pasa por descubrir o mundo aos nenos a través de educación.
Un saúdo
David Bobillo Añel
Neste vídeo destacaría moitas cousas, pero se teño que decantarme por algunhas delas faríao pola primeira frase de Santos Guerra cando afirma que: "enseñar no es solo una forma de ganarse la vida sino que es una forma de ganar la vida de los otros", xa que penso que os docentes que van cada día ó seu posto de traballo polo simple feito de cobrar cada mes,nunca chegarán a ser bos profesores e ó mesmo tempo iso será algo que lle afecte ós alumnos moi negativamente. Unha segunda cousa que destaco é a metáfora da boa e da mala educación, pois considero que todos nalgunha parte da nosa ensinanza sufrimos o que Santos Guerra considera mala educación e nunha sociedade tan avanzada como dicimos que é a nosa, iso non debería estar permitido.
Un saúdo, Cristina Álvarez Estévez
Para transformar algo temos que cambiar, mellorar, evolucionar. A transformación non so se trata de cambios estruturais, puntuais ou de forma, que xunto co histórico, social, político, económico, cultural van influenciando nosa forma de pensar, sentir e actuar na educación e que derivaron en novas concepcións pedagóxicas, en novas estratexias didácticas, en novas propostas curriculares, en novas formas de facer na administración educativa, en novos criterios de avaliación, xa que responde a novos fundamentos e misións e en novos estándares de calidade como relacionar o ser co saber e o saber facer e desenvolver a capacidade de sentir, pensar e actuar de quen aprende, desenvolver competencias, coñecemento, habilidades e aportar novos métodos para aprender a vivir e convivir.
Polo tanto depende da intención e alcance dun obxectivos plantexados e asumidos por todos, de maneira que este cambio sexa percibido polos alumnos na familia, na escola, na sociedade, de maneira que teñamos no noso punto de mira ao ser humano e o seu pleno desenvolvemento, que entendamos a igualdade como progreso e que isto nos leve a construir unha sociedade máis xusta e equitativa, sostible, que mire cara o futuro. Unha escola que se faga cargo de formar cidadáns reflexivos e críticos, comprometidos en dita transformación. Por tanto, necesita en primeiro lugar dun profesorado consciente do feito educativo e que decida coverter a súa escola nun lugar onde o máis importante sexa a valoración das persoas e relación entre si; Se favorezca o desenvolvemento das emocións, creatividade e vivencia de valores. Todos, profesorado e comunidade educativa en xeral, se atrevan a vivir experiencias creativas e sociais e sexan respaldados polos organismos e que a escola sexa un lugar para experimentar o exercicio democrático da ciudadanía.
Bibiana Varela
Publicar un comentario