Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
domingo, 2 de octubre de 2011
what's virgin mean?
A EpS debe dotar aos educadores e aos pais dos coñecementos necesarios sobre a sexualidade, para que os nenos e nenas aprendan a vivir a sexualidade dunha forma saudable evitando coñecementos erróneos. Debemos facer da sexualidade un contido máis do currículo, que permita deixar ao carón os sentimentos de vergoña ou culpa que desde a nosa cultura acompañárona e aprender a ver que a sexualidade só é un aspecto máis da vida dos seres vivos.Como di o Colectivo Harimaguada: "é noi importante respostar con naturalidade as preguntas dos cativos e permitirlles que se toquen, que se miren, que se queran pois así estamos permitindo un desenvolvemento axeitado da súa sexualidade". Debemos entender o ser humano como un ser "biopsicosocial" e isto debe reflectirse sin dúbida na educación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
No vídeo podemos ver como unha nai intenta explicarlle a sua filla o que significa a palabra "virgen" da maneira máis apropiada para que a nena a entenda ben. A nai explícallo correctamente e sen vergonza, en cambio, na imaxe, a profesora intenta explicarlle aos alumnos/as o que significa pero con palabras clave e con vergonza e non e a maneira correcta de facelo.
María Blanco García
En ocasións pequenas preguntas necesitan grandes respostas, e isto é o que se amosa neste video. A nai intenta explicarlle a súa filla dunha maneira simbólica o singnificado da palabra "virxen", adaptándose aos coñecementos previos que poida ter a rapaza, e isto é o que se debe facer na escola, onde a costume é obviar o tema da sexualidade no currículum ou falar del como un tema tabú, sen explicacións claras, como se amosa na segunda viñeta. Isto non é algo bo, senón que estamos privando aos nosos nenos de coñecer, aprender e evitar así posíbles perigos ou enfermidades por sinxela ignorancia.
Ola ,a min gustariame decir sobre este tema que e moi importante explicarlles os nenos xa desde pequenos e con naturalidad os temas relacionados coa sexualidade,como dice o meu compañeiro Noel para evitar "accidentes" .No colexio e un tema que se trata moi por encima e deberia ser unha parte importante do curriculum.
No mercado xa hay libros de como explicarlles estes temas os mais pequenos e na facultade deberiase ensinar como abordalo dunha forma natural para explicarllelo os nenos xa que e o mais normal do mundo.
Este video amosa unha nai moi correcta na explicación de ¿que é unha persoa virxen? pois é moito mellor explicarllelo aos cativos con natureza e sen andarse con rodeos que despois "votarse as máns a cabeza" cando chegan con 15 ou 16 anos ou ben cunha enfermidade de transmisión sexual ou cun cativo no seu vientre, creo que a sexualidade debemos tratala no currículo de educación infantil, primaria e secundaria sen reparos e inquedanzas, debemos presentarlla ao alumnado tal e como é, adaptando o vocabulario a cada etapa e non ocultarlle algo que vai estar presente nas súas vidas.
Noel Eiras Gándara
Eu penso que se debería falar máis do tema da sexualidade tanto no ámbito educativo como no familiar xa que é un tema que antes ou despois o vai haber que tratar e canto antes o tratemos mellor porque así podemos previr moitas cousas como que a tua filla chegue un día decindo que está embarazada polo que é mellor falar estes temas cos nenos xa dende pequenos empregando unha linguaxe adecuada a súa idade.
ALBA MARÍA CASAL MONTERO
Neste post podemos observar as dúas caras dunha moeda, xa que por un lado podemos ver como una nai lle explica sen ningún tipo de vergoña o significado da palabra "virgen" e por outro como unha profesora se suxeita a explicacións máis cerradas.
Creo que ambas actitudes fanos reflexionar sobre como actuar en numerosos casos (sexualidad, sexismo....) e tomar a decisión de elixir aquela que se adecúe mellor o desarrollo educativo.
Na miña opinión creo que a actitude da nai e moi adecuada non só polo paso que deu para avanzar e non cohibirnos senon tamén porque lle esta dando confianza a súa filla para tratar calquera tema.
Creo que van sendo horas de deixar de cohibirnos e tratar temas, como o da sexualidade, sen ningunha vergoña porque o fin de contas e algo que todos coñecemos.
Os cativos amosan o seu interese polas cousas que o rodean e buscan a resposta nas persoas maiores que están ao seu carón, pero non sempre estas persoas saben responderlle, unhas veces por medo ou vergoña e outras veces porque non sabemos como explicarllo.
Estou de acordo coa profesora, sería moi boa idea que a sexualidade ou a educación afectivo-sexual fora un contido máis do currículo, xa que un neno-a que vexa a sexualidade con natureza e sin prexuízos, terá nun futuro maior autoestima.
Penso que neste vídeo se amosa unha das realidades máis comúns na nosa sociedade. Que é a de que en moitas ocasións, son os nosos pais os que fan que haxa palabras tabús nas nosas vidas.
Considero que deberiamos intentar tratar todo os temas coa mesma naturalidade, xa que se nos parásemos a pensar un pouco, non teñen tanta importancia como nós mesmos lle damos.
Este vídeo amósanos de forma claro unha situación, na cal a nai non é capaz de contestar ante a pregunta da súa filla con total naturalidade, xa que está desconcertada, porque non se esperaba esa cuestión por parte da súa filla.
Xa que na sociedade existen unha serie de temas que están prohibidos e baixo a miña óptica, debemos de acostumarnos a explicar todo tipo de temas sen ningunha traba
Penso que tanto na escola como no fogar débese falar de sexualidade sen ningún tipo de vergoña, non como fai a nai ou a mestre. Penso que é algo natural e non debe de dar vergoña. O vocavulario para nenos pequenos debe de ser simple xa que moitos conceptos non son coñecidospara eles.
Publicar un comentario