O coñecemento do cerebro avanzou de forma espectacular nos últimos anos pero estes avances aplicáronse máis en medicina que na educación. Do cerebro dependen a personalidade, os pensamentos, os sentimentos polo que se fai moi importante que os/as docentes coñezan o seu funcionamento.
José Antonio Marina, filosofo e pedagogo, invítanos a explorar o sistema nervioso e, en especial, o cerebro infantil no seu libro "O cerebro infantil. A gran oportunidade". Déixovos un pequeno vídeo de presentación, podedes atopar máis aquí.
1 comentario:
Estou moi de acordó: é moi importante para un docente coñecer o funcionamento do cerebro dun neno, e máis despois de saber que os xenes non inflúen na intelixencia máis do 50% e que desde que nacen teñen unha disposición a aprender, polo que hai que buscar a mellor forma de actuar con eles para que se desenvolvan o mellor posible.
Publicar un comentario