lunes, 3 de octubre de 2011

O espazo do ensino é o espazo do diálogo. Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade.

Hoxe faleivos en clase da miña carpeta de cousas importantes. Ao chegar a casa abrina e atopei este artigo de Manuel Rivas que, aínda que non está directamente relacionado coa EpS, desexo que leades pois esta moi ao fio de algúns dos vosos comentarios.

Eu non podería expresar mellor o que penso. Cando o leín, alá por xullo, subliñei as seguintes frase "Fun criado no respecto ao mestre. Se cadra coñecín mestres, persoas concretas, que non merecían ese respecto, mais toda a humanidade que me arrodeaba,meus pais, meus veciños, todos me transmitiron o respecto á muller ou home que daban escola. Non era un respecto dócil.O respecto é diferente do servilismo, da docilidade. En realidade, o que a min me transmitían era o respecto polo coñecemento, pola aprendizaxe, pola curiosidade de pescudar no descoñecido,de avanzar contra a ignorancia."
"O espazo do ensino é o espazo do diálogo.Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade. Mais construír ese espazo esixe sutileza, grandes depósitos de esperanza e unhas condicións de confianza básica. É un traballo delicadísimo. De primeira liña de risco. E de enorme paciencia."

1 comentario:

David Bobillo Añel dijo...

Boas tardes,
Moi interesante o artigo dun gran escritor como é Manuel Rivas. Ás veces como fixo o señor Rivas o mellor e calar, porque razoar con xente que non sabe e da que non vas sacar nada beneficioso pois é unha perda de tempo. Un saúdo e ánimo a todos os mestres.
David Bobillo Añel

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...