Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Gustoume moito o vídeo,penso que reflicte a moitas familias de antes e actuais onde parece que a muller é quen se debe ocupar de facer todas as tarefas da casa, encargarse de facer a compra, do coidado dos fillos/as ... mentres que o home só espera a que lle sirvan na mesa e lle teñan todo ben recollido;o pai só traballa fóra, pero é que a nai traballa dentro e fóra da casa,as vintecatro horas do día. E o peor é que os nenos copian e imitan ao pai, como se ve no vídeo, que tampouco axuda e espera a que lle fagan todo. Eu confío en que non sexa un soño imposible que as cousas poden cambiar, que aínda non é tarde, e senón, mellor tarde que nunca e que dende a escola, como futuros/as docentes, temos que facer que outro futuro sexa posible.
Este video reflicte a perfección a situación que se viviu e segue hoxe presente, donde a muller é a ama de casa e o único que fai é estar no fogar e terlle todo amañado a súa familia, pero o seu traballo non está o suficientemente valorado. Nos como futuros docentes que vamos a ser debemos de intentar mudar esta situación porque o noso cometido aparte de ensinar é educar, debemos de fomentar a colaboración nas tarefas do fogar independentemente do sexo ao que pertenzas.Creo que cunha cooperación entre todos, sería máis doado e poderiamos intentar que esta situación cambie.
Este video representa á perfección a sociedade na que estamos inmersos e que como futuros docentes deberiamos intentar cambiar, xa que as mulleres ou amas do fogar deberían ser axudadas polos seus maridos, na limpeza e no coidado tanto dos fillos como do fogar.
Considero que a través da escola poderíase ensinar ós nenos dende moi pequenos a axudar na casa e cambiar a idea de que mamá o fai todo.
Debemos de intentar cambiar o feito de axudar. Ninguén debe axudar a ninguén, creo que debemos mudar o concepto por colaborar, conlevar, cooperar, nunha palabra compartir, non credes?
Claro que se debe mudar o concepto, e na miña opinión isto xa está mudando muito, posto que nos últimos tempos as parellas máis novas e con uns ideais rexuvenecidos cooperan os dous por igual, tanto nas tareas do fogar como no coidado dos seus fillos. Aínda que a mentalidade custa moito cambiala posto que son muitos anos de vida na que era normal encontrarse coa muller traballando na casa e o home traballando fóra do fogar, dende a escola temos que facer que sexa algo habitual que un home cociñe, planche ou lle cambie os pañais ao seu fillo, sen velo como un bicho raro ou dudando da súa orientación sexual, como é habitual na sociedade española.
Noel Eiras Gándara
De novo temos un vídeo no que vemos á perfección os esteriotipos sexuais: a muller cambia aos fillos, cociña, plancha, lava e fai todas as tarefas da casa, mentras que o home traballa fóra pero nas tarefas da casa non colabora nada.
Penso igual que Noel; as cousas xa están cambiando, e cada vez é máis frecuente ver a pais que van recoller aos fillos á escola, ou que colaboran na cociña.
Por iso, creo que o soño da muller do vídeo non é imposible. Sí difícil, pero non imposible
O vídeo representa de modo moi adecuado a forma de sociedade na que actualmente vivimos, a pesar de que se produciron cambios estos aínda non son suficientes.
Antes de nada gustaríame dicir que considero o vídeo claramente feminista e tratarei de explicarme para que non haxa malos entendidos. É certo que a muller estivo marxinado durante moito tempo e quedaba na casa facendo as súas labores sendo o home o único que traballaba fora da casa. Pero tamén é certo que dous non fan se un non quere. Ademáis as imaxes do vídeo as considero moi esaxeradas sendo o home o "malo" e a muller a "boa" a que fai todo. Penso que non é unha familia real ou polo menos non representa a maioría das familias. As familias a conforman dúas personas e dous é un máis un senón porqué son familia?.
Un abrazo
David Bobillo Añel
Pareceme un vídeo moi ben elaborado porque reflicte a sociedade na que vivimos e mais que nada viviuse. A muller esta vista como a encargada das tarefas da casa, dos fillos, da limpeza, etc. Isto non debería de ser así. A pesar de que os tempos cambian aínda queda para que ambos sexos traballen igual no fogar, no cuidado dos fillos, etc.
Publicar un comentario