jueves, 13 de octubre de 2011

Samaín, un bo momento para traballar o medo

O medo é unha emoción primaria que se deriva da aversión natural ás ameazas. Desde o punto de vista biolóxico constitúe un mecanismo de defensa xurdido para permitirlle aos animais responder ante situacións de perigo con rapidez. Pénsase que moitos medos son practicamente universais, instintivos e innatos.
Os nenos, ao longo do seu desenvolvemento, padecen e experimentan numerosos medos e considérase que son un compoñente do seu desenvolvemento, que lles proporciona medios de adaptación a situacións variadas. Con todo, cando este medo é desadaptativo (non obedece a ningunha causa real de perigo potencial ou se sobrevaloran as posibles consecuencias) o resultado é un enorme sufrimento por parte do neno que o padece e pode condicionar o seu funcionamento e alterar sensiblemente a súa capacidade para afrontar situacións cotiás (ir durmir, ir á escola, estar só, etc).
No caso dos nenos da Educación Infantil o medo á escola, á escuridade, ás catástrofes aos seres imaxinarios (bruxas, pantasmas, entre outros), poden converterse nos temas centrais. A escola pode ser un bo lugar para tratar os medos de forma natural. Moitos destes medos ven inducidos polo ambiente externo como os contos, as películas, etc. e outros están fundados en experiencias negativas do neno, e de feito poden servir como alarma para identificar situacións dalgúns malos tratos ou abuso.

Deixovos como exemplo un xogo e una canción para traballar os medos no aula:

Para xogar click aquí

8 comentarios:

Bibiana dijo...

Na etapa preescolar iniciase unha evolución dos medos infantís. Mantéñense os anteriores (estraños, ruídos,etc) pero van aumentando outros de acordo co desenvolvemento cognitivo do neno/a. nesta etapa é frecuente ver como os nenos e nenas teñen medo moitas veces a seres imaxinarios, monstros, a escuridade, fantasmas que nunha etapa posterior cara os 6 anos desaparece normalmente.
Para facer fronte ao medo infantil debemos vivila situación con tranquilidade, sen mostrar diante dos nenos/a a preocupación xa que moitas veces somos nós quen a través dos nosos medos lles trasmitimos esa sensación ou preocupación; darlle un marxe de tempo para que supere os seus medos pouco a pouco axudándolles a pasar pola situación; unha boa forma para elo é como se mostras nesta actividade presentándollos en forma de xogos e comentalos con eles.

Unknown dijo...

Os medos forman parte da nosa vida cotiá. Debemos de aprender a que étes non controlen a nosa forma de actuar ou de pensar.
Dende a escola temos que realizar actividades cos máis cativos e ensinarlles que non hai porque ter medo e que debemos de aprender a controlalos.
Paréceme unha actividade moi interesante, xa que a escola non trata este tipo de temas, porque en moitas ocasións non os consideran importantes.

maria dijo...

Os nosos medos son algo que nos acompaña durante toda á vida e por iso penso que é necesario que como futuros docentes ou pais debemos intentar que os nosos nenos afronten os seus medos e que pouco a pouco desaparezcan das súas vidas.Estaría moi ben tratar estes temas na aula con xogos ou actividades.

María Blanco García

Emma Garrido Vila dijo...

Cando un/unha neno/a ten algún medo é moi imortante que se lle transmita tranquilidade e seguridade pero ás veces non se sabe moi ben como actuar. Os medos, como ven din as miñas compañeiras, acompáñannos ao longo da vida e van cambiando a medida que imos crecendo,¿quen non tivo medo algunha vez? Medo aos estraños, medo á escuridade, aos monstros... Estou de acordo en que desde escola,así como na propia casa, debemos traballar os medos dunha maneira natural, e que mellor forma de facelo que con cancións, xogos, contos ou activdades semellantes ás que se nos presentan.

Manuel Seguín Fidalgo dijo...

Esta entrada pareceme moi interesante por dous motivos principalmente:
un dos motivos é que aproveitemos os momentos informais, que non forzamos, senon que nos da a sociedade para educar sobretodo en valores e un segundo motivo que é tratar o medo cos rapaces.
Dende o meu punto de vista na escola tratanse bastantes sentimentos e valores(amor, solidariedade, ledicia...), pero temos un gran olvidado que é o medo, e creo que non tratalo desenvoca despois en desigualdades e o desenvolvemento de personalidades moi debiles, posto que todos ocultamos os medos, e non nos enfrentamos a eles.

Rebeca Montes dijo...

A lo largo de nuestra vida tenemos ciertos miedos que no nos dejan dormir, actuar en ciertas ocasiones,etc. Pero en algunas veces, esos miedos podrían evitarse si no fuésemos nosotros mismos los que asustamos a los propios niños. Por ejemplo, cuando les decimos que viene el coco y les va a comer, ese tipo de cosas asuntan a los niños y les impiden comportarse de manera natural. En la escuela, tendríamos que trabajar ciertos aspectos para combatir los miedos de los niños y que viesen que muchas cosas que les dan miedo ni siquiera existen.

Laura Quintas Zarraquiños dijo...

Pareceme un recurso moi interesante para utilizar cos nenos nas idades comprendidas na educación infantil. Tanto os medos como outros temas como a educación afectivo-sexual son dunha maneira ou outra, ignorados tanto polos pais como por os docentes, quizais porque non contamos cos recursos necesarios ou porque simplemente son temas dos que pensamos que é preferible que pase o tempo e que o neno o descubra por si só.

Judit Fernández López dijo...

Las emociones es algo importantísimo en la vida de cada persona y es esencial hacer entender a los niños y niñas que es algo totalemente normal, nada por lo que se tengan que avergonzar o esconder.
En este caso tratar el miedo como algo natural en el aula les puede resultar muy favorable a los niños porque así podrán afrontar numerosas situaciones cotidianas, por ejemplo transmitiéndoles seguridad y tranquilidad.

Judit Fernández López

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...