A palabra autoestima repetímola diariamente, pero que é realmente a autoestima? defínímola como concepto amplo que expresa a teoría que as persoas teñen de se mesmas (como se ven, como se representan, etc.) e a súa valoración ou grao de satisfacción (se se gustan, se se aceptan, etc.)
Ten moito que ver coa necesidade que temos todos de ser amados, valorados e tidos en conta polas persoas que nos rodean e interésannos.
A valoración que facemos de nós mesmos, é capaz de producir unhas reaccións emocionais que nos fai sentir un grao de benestar ou malestar, de satisfacción ou insatisfacción.
Desde que nacemos a familia e a escola teñen unha importancia decisiva no desenvolvemento da autoestima. A protección física, a aceptación, a satisfacción das necesidades afectivas, o contacto físico, os estímulos e os encomios son imprescindibles para un desenvolvemento saudable.
Unha autoestima baixa adoita ir acompañada de valores e potencialidades que unha mala educación encargouse de reprimir. Unha boa autoestima axuda estimula a autonomía persoal, facilita a superación das dificultades e favorece as relacións persoais. Pola contra unha baixa autoestima predispone á agresividade como resposta aos sentimentos de pouco valor e facilita mecanismos defensivos de inferioridade, crea sentimentos de incapacidade e produce reaccións de illamento para contrarrestar o rexeitamento e o sufrimento.
autoestima
10 comentarios:
A autoestima é unha parte fundamental do desenvolvemento afectivo e social dos nenos e as nenas. Os docentes deben estar moi atentos a que os seus comentarios ou accións no afecten negativamente a autoestima do alumnado provacando danos moi graves na súa personalidade. Tratemos de evitar as etiquetas ("o vago" "o violento") porque desta maneira no axudaremos aos nenos e só os aillaremos do conxunto da clase.
Un saúdo
David Bobillo Añel
Os nenos pasan moito tempo na escola polo que traballar a autoestima non só é cousa da familia, senón tamén dos profesores. Xestos tan simples como evitar as comparacións con outros compañeiros, poden facer que os nenos se sintan máis aceptados e que polo tanto sexan capaces de relacionarse, expresarse con liberdade, etc. En resumo, é algo básico para traballar na escola.
Penso que é moi importante favorecer a autoestima na escola polo ben dos rapaces. Os que teñan unha autoestima baixa vaille repercutir de maneira negativa no seu aprendizaxe xa que non se senten seguros de si mesmos, cústalle facer os traballos en grupo...polo tanto vai condicionar o seu desenvolvemento en comparación cos que teñen unha boa autoestima. Dende a aula podemos levar a cabo certas pautas para mellorar a autoestima nos alumnos como: non comparar a uns alumnos con outros, axudalos a superar as dificultades de algunha tarefa cando eles se queiran dar por vencidos, recoñecer o seu esforzo e traballo. Estou de acordo que a familia tamén debe contribuír a crear unha boa autoestima. Xuntos, escola e familia, será máis doado lograr un rapaz coa autoestima boa.
Alba Salgueiro Fernández.
Fomentando a aoutestima na escola, na casa ou no resto da sociedade garantiza que as futuras xeracións crean en si mesmas e poidan axudar aquelas que non teñen a súa autoestima tan afianzada. Soraya Silva Aparicio
A autoestima é un aspecto que debemos fomentar dende moi pronto, e non só no colexio senon que tamén se debe potenciar na casa xa que afecta a vida cotiá nosa e dos que están o noso redor.
Na miña opinión creo que polo menos unha vez a semana deberíase traballar con actividades e recursos didácticos que fomenten unha autoestima positiva nos nenos/as xa que pode serlle de gran utilizade nun futuro, non só para sentirse ben consigo mesmos senon para traballar en grupo.
Boas!!
A autoestima é un concepto moi amplo e moi importante a ter en conta á hora de traballar cos nenos porque dependendo do seu nivel se autoestima serán máis felices e acadarán maior éxito persoal.
Para construir unha autoestima positiva como futuros docentes debemos ter en conta recomendacións como as seguintes: demostrarlle afecto e cariño a través de expresión ou contacto físico ( un sorriso, unha palmada no ombro..), potenciar a súa creatividade e orixinalidade valorandoas favorablemente,non utilizar expresións como " ti es un traste", é preferible dicir " ti fas moitas trastadas", non comparar un neno con outro decindolle que fulanito é mellor ca ti...
Buenas:
Veo que todos os preocupais de la autoestima de vuestros futuros alumnos, pero yo me hago una pregunta!Y LA VUESTRA!, os parasteis a pensar que si la teneis por el suelo, no conseguireis los objetivos que os marcasteis,. ¿Haceis ejercicios de autoestima hacia vosotros? Os dire un secreto que a mi me funciono durante mi vida laboral,aun con todos los altibajos que tiene cada dia,al levantarme, me miraba al espejo y me decia !" Manolo, que guapo y que cuerpazo tienes "!. se que me estaba mintiendo a mi mismo, pero de verdad os digo que empezaba el dia como Dios.
Pensarlo friamente y vereis como tengo razon
Un saludo
La autoestima es el sentimiento de aceptación y de apreciación que tiene uno de si mismo. La autoestima de un niño va a depender de lo que haya aprendido con la gente de su entorno y la aceptación que tengan los demás hacia el. Es muy importante fomentar la autoestima en los niños desde pequeños para que se sepan valorar y esten seguros de si mismos. Nosotros como futuros docentes debemos ayudar a los niños a que se valoren y hacerles entender que cada uno de ellos es especial y por lo tanto único.
María Blanco García
Na miña opinión a autoestima é un aspecto que nós como futuros docentes debemos ter en conta e sobretodo saber apreciar cómo se senten os nenos en cada momento e o máis dificil saber que é aquelo que se gardan para eles mesmos por medo a expresalo. Debemos ensinarlles que mostrar os sentimentos, as emocións e todo o que elo conleva é algo bo e necesario para sentirnos ben e ter unha boa autoestima, pois é algo que repercute en tódolos ámbitos da nosa vida e que nos condiciona en moitos sentidos. Por iso, este video paréceme moi adecuado para nenos de infantil, xa que a través dos debuxos os nenos poden entender mellor o que lle queremos transmitir polo que porllo na aula e comentalo despois por partes sería unha boa actividade.
A expresión dos sentimentos é fundamental, sobre todo na idade infantil. Aínda así, moitas veces durante estas idades somos capaces de expresar aqueles sentimentos positivos, pero esquecémonos ou intentamos esquecernos dos negativos. E en realidade, ambos sentimentos axudarannos a potenciar a nosa autoestima.
A autoestima non só vai depender de nos, todo o contrario, na maioría das situacións depende de todo aquilo que nos rodea. Por este motivo é importante que os cativos comecen dende moi pequenos a valorarse a si mesmos e a ser conscientes de que porque teña algunha calidade negativa non todo ten que ser así na súa vida, que posúe outras moitas máis calidades positivas que o fan enormemente especial.
Publicar un comentario