Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Como di perfectamente o título do post, unha boa mestra-e non é só coñecedor da súa disciplina; para ser un bo docente necesítanse moitas máis cualidades: ser spiquiatra para atopar aqueles problemas que poidan ter os nenos-as e axudarlle a resolvelos,ser mamá e así educar aos alumnos coma se foran os fillos...
Pareceme unha gran viñeta e que por suposto encerra unha gran verdade!! A xente polo xeral pensa que un/unha docente non fai nada, que só ten que "controlar" aos alumnos/as, comprobar que fan actividades, e que non "molesten" mentres el ou ela están sentados e aínda por riba teñen moitas vacacións!É moi triste escoitar iso, frases como "pero se nesa carreira non facedes nada!", "pero que tes que aprender a recortar e pegar?as vogais e os números?" ou aquela frase de "ti si que vas vivir ben con tantas vacacións..." Si, son frases que seguro tedes escoitado máis dunha vez, polo menos eu, e o certo é que iso non é así.Como ben di o título, "un bo docente non é só un bo coñecedor da súa disciplina", ser profesor/a implica máis cousas, non se limita un a ensinar o que sabe senón que tamén ensina a ser persoa, a desenvolverse o día de mañá, e é que a función do docente vai moito mási alá do que algúns poden chegar a pensar.
Esta viñeta parece moi interesante á vez que curiosa, escoitar frases como as que di a miña compañeira Emma son moi comúns, súmolle tamén ," se esa carreira é de risa", todo isto mostra o verdadeiro analfebetismo que existe no noso pais, non saben que a escola non é unicamente un lugar onde se lles ensina aos alumnos nocións basicas de diversas materias, e moito máis que iso, un lugar no que se intenta educar a cidadans comprometidos e críticos, é dicir formase a un alumnado na sua integridade social, cultural,moral, e política.
Sheila Fernández Pérez
Paréceme unha boa forma de reivindicar todas as facetas que debe traballar un docente dentro e fora da súa aula, porque moita xente pensa que é só ``aturalos´´ dentro da aula, tamén é intentar resolver calquera problema que lle poda impedir, ou simplemente dificultar a apredizaxe, sea por motivos psicolóxicos ou físicos, e ter un contacto coa familia a cotío se pode ser posible
Podemos relacionar esta viñeta coas seguintes palabras de Rubem Alves: “Ensinar é un exercicio de inmortalidade”, no sentido de que un bo maestro debe combinar infinidade de habilidades aparentemente alleas á súa labor docente.
Esta viñeta é unha gran reivindicación por parte do profesorado, xa que moita xente cando me pregunta e ti que estudias, e lle digo educación infantil, eles contéstanme ti o que queres e cobrar sen facer nada, a maioría da xente pensa que a profesión de docente non é máis que estar alí con rapaces un par de horiñas e marchar para casa. O que non sabe a maioría desta xente é que grazas a esta profesión os rapaces van a aprender a ser persoas e a desenvolverse no día a día. Despois o tema das vacación non é tal e como todo o mundo pensa porque iso de tres meses de vacacións é mentira.
E para esa xente que dí que non facemos nada que proben a facer esta profesión e observarán que non é tal e como din.
Noel Eiras Gándara
Esta viñeta reflexa todo o que se encerra detrás da palabra mestre,moita xente pensa que na carreira o único que facemos é pintar e colorear e unha vez que xa somos mestres que só temos que aguantar ós nenos un pouco,darlles unhas fichas para que estean entretidos e despois que xoguen o que queiran cando en realidade a función dun mestre é moi importante xa que temos que formar ós nenos,axudarlles a resolver os seus problemas e formalos para a vida adulta.O que pense que todo isto é moi fácil eu anímoos a que fagan a carreira para que o comproben xa que é moi fácil "ver os toros por detrás da barrera".
ALBA MARÍA CASAL MONTERO
Esta viñeta amosa de maneira moi clara a infinidade de profesións dentro dunha que ten que realizar un docente para poder ensinar ben os seus alumnos. Non soamente se basa na ensinanza de termos e xa. Senón que ten que facelo de maneira estimulante para que os alumnos non perdan o interese por aprender.
Esta viñeta amosanos e resume de maneira clara a función dun docente, porque existe o falso estereotipo de que os docentes non fan nada, sempre están de vacacións....E en verdade a realidade e outra moi diferente porque está nas nosas más o desarrollo dos nosos nenos/as xa que somos os responsables da súa educación, polo que os docentes son os que máis teñen que facer.
Un docente non remata as clases e xa non ten nada que facer, senon todo o contrario
Una boa viñeta xa qué se pensa que un docente non fai nada e é todo moi fácil para eles pero isto non é así. Ser docente é moi complicado porque ademáis de ensinar temos que axudarlle nos problemas,estar todo o tempo atentos a eles e facer tódalas cousas que aparecen na viñeta moi ben reflexado. Penso que esta profesión debería de estar máis recoñecida do que esta.
Publicar un comentario