Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
lunes, 14 de noviembre de 2011
Campaña de prevención de alcohol en xoves
O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade anunciou o lanzamento dunha campaña para previr os riscos do consumo de alcol en menores que, baixo o slogan 'Falar con eles hoxe, evitará un mal grolo mañá', pretende alertar da iniciación "cada vez máis temperá" do consumo en España.
Segundo a Enquisa Escolar sobre Alcol e Drogas en España (ESTUDES) 2010-2011, a idade media de inicio do consumo de alcol entre menores en España é de 13´7 anos. Ademais, o 58´8% dos adolescentes de 14 a 18 anos admitiu haberse emborrachado polo menos unha vez na vida e o 63´3% consumiu bebidas alcohólicas no último mes. Así mesmo, a maioría dos enquisados descoñece que o inicio de consumo de alcol na adolescencia incrementa catro veces a probabilidade de padecer trastornos de personalidade e incrementa dúas veces a posibilidade de ser alcohólicos antes dos 24 anos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Desde la escuela creo que se deben de realizar campañas, para de este modo evitar la iniciación del consumo de los niños en el alcohol,porque aunque éstos comiencen a consumir alcohol tan sólo porque les resulta gracioso, o bien por hacerse los valientes ante los amigos de su pandilla. Esta droga como podemos observar tiene una serie de consecuencias muy negativas, por lo que creo que la prevención es el principal pilar, para evitar conductas no deseadas.
Este vídeo demuestra una realidad inmensa. Hoy en día, los niños inician muy pronto el consumo de alcohol y drogas. Por eso, desde la escuela deberían de realizarse campañas, charlas, conferencias sobre la problemática que puede traer consigo el consumir alcohol tan tempranamente.
La escuela es un medio importante a través del cual podemos concienciar a los más pequeños y que luego no realicen este tipo de acciones.
Gran campaña del ministerio de sanidad, que releva un dato realmente preocupante y es que la gente que empieza a beber actualmente está entre los 13 y 14 años, algo realmente escalofriante y realmente preocupante. Como futuros docentes creo que debemos transmitir al alumnado que beber y tomar drogas no es un juego y que millones de personas mueren en todo el mundo por este tipo de adicciones, pero creo que es más adecuado para primaria que para infantil.
Noel Eíras Gándara
Despois de intentar que comprenderan os riscos que ten o alcohol e todos os danos que lle podia causar e ver que iso non funcionaba é moi interesante este tipo de campaña no que se pretende decir que un neno de 13 anos non debería caer no alcohol, senón que ten toda a vida por diante e debería de disfrutar da adolescencia, estando cos seus amigos e a súa familia e loitanto polos seus soños.
Ainda que nos coste creer que os nenos de 13 anos xa comezan a beber alcohol, é a realidade, polo que se debe de educar e previr dende que son moi pequenos, mellorando a súa autoestima, dándolles seguridade, aprendéndolles a afrontar os problemas... É un traballo de todos, algo que hai que intentar mellorar para poder ter un bo futuro.
Judit Fernández López.
Hoxe en día saes a rúa un día de festa e a maior parte das veces atópaste con unha gran cantidades de nenos e nenas de ente 13 e 15 anos en estados moi prexudicados. Eu considero que se pode saír e pasalo ben sen ter que estar baixo os efectos das drogas ou o alcohol. A campaña do ministerio de sanidade é moi interesante para que os nenos tomen conciencia de que o qué fan non e o adecuado, pois estes actos tan temperás terán repercusión nos próximos anos. Dende o colexio tamén se debe de prestar atención a estes actos, e non so por medio de información, senón mellorando técnicas de seguridade e autoestima como ben dixo miña compañeira Judit.
Considero que tanto os docentes como os pais teñen unha función importante ante este problema, que é ensinarlles desde moi pequenos que o alcol é moi perxudicial. Ademais, moita culpa de que os fillos comecen a beber a idades tan precoces téñenna os pais, porque un neno de 13 anos aínda non está preparado para afrontar as cousas que xorden pola noite, e loxicamente se ven que un mozo de 18 anos sae de festa e bebe, eles tamén o farán, aínda que as idades sexan diferentes.
Publicar un comentario