Os videos máis valorados polo alumnado de 2º do Grao de Educación infantil vounos subir ao meu blog. Este é o caso do conto realizado por Jésica Lorenzo Cames no que se traballa a amizade.
Ciclo da Educacion Infantil: 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: A identidade, a autoestima e as emocións.
Criterios de avaliación: Acepta e amosa afecto, recoñecendo os sentimentos e emocións
propios e das demais persoas; amosa confianza ante persoas e situacións novas aceptando a súa
axuda.
Fonte de documentación:
Conto: http://www.buenastareas.com/ensayos/Cuento-Infantil-Que-Fomenta-La-Amistad/121860.html
Fotos: google imaxes
Vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=ajL-QFktSgs
Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
5 comentarios:
As nosas caraterísticas individuais deben ser símbolo de riqueza e non de diferenza. Considero importante o ver as cousas diferentes do resto como algo positivo e facer que os nenos e as nenas vexan que todos somos diferentes e precisamente iso e o que nos fai especiais.
Un saúdo
David Bobillo Añel
Este vídeo está muy bien elaborado, con él podemos trabajar diversos valores como son la importancia de la amistad, el saber pedir perdón, el ayudar a los demás, el respeto, etc.
A través de este vídeo se podría enseñar a los más pequeños, educación en valores de una forma diferente a la habitual. Así a través de este vídeo los niños por ellos mismos, se darían cuenta de la importancia que tiene respetar a los demás y ayudarlos para que después te puedan ayudar a ti al igual que el ser amigos.
Enoraboha e súa autora, porque considero que é un vídeo que se atopa moi ben elaborado e considero que poñer a túa voz é un mérito engadido.
Creo que é moi importante traballar as diversas emocións como son o respecto, compañeirismo, para deste xeito crear un mellor clima de convivencia no aula.
Debemos de formar e educar os nosos nenos para que coñezan as diferentes emocións e deste modo aprendan a recoñecelas e a convivir con elas.
Como xa puxen na miña valoración na clase que nos tocou valorar os video este foi o mellor video que vin de todos os que vin ata o momento, moita creatividade, unha técnica moi boa, sobre todo pola voa entonación e volume da autora en todo momento e sobre todo unha gran complexidade, sen dúbida o mellor video de todos cunha adecuación axeitada.
Noel Eiras Gándara
Na miña opinión estou completamente de acordo con Noel,creo que é o mellor video que vin ata o momento, moi creativo e con moitos valores que lle podemos ensinar aos nenos, xa que ao ser un conto eles comprenderano moito mellor
Publicar un comentario