Creamos este blog de blogs coa intención de que sexa un espazo útil para tod@s docentes, pero en especial para @s estudantes do segundo curso de Educación infantil. Nel recolleranse recursos para traballar a Educación para a saúde no aula. Ao ser un blog colaborativo o resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de tod@s. A opinión d@s lector@s tamén é importante; esperamos que as compartades deixando algún comentario. Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Con Plan Boloña trátase de fomentar o traballo en equipo, algo que considero fundamental para a vida cotidiana. A idea é moi boa logo levalo á práctica pois é máis complicado claro. Si depois de ano e medio dicir que non é doado traballar en conxunto e sempre aparecen problemas (por exemplo a xente vai sempre ca mesma xente) pero a pesar de todo o considero como algo imprescindible na nosa formación porque é algo que nos prepara para a vida.
Considero fundamental que a xente aprenda a traballar en grupo xa que é un obxectivo fundamental, xa non só dos blogs, se non que é un obxectivo de todos os traballos da vida sobretodo no traballo nun centro educativo, onde todos os docentes deben estar en contacto para que os resultados do alumnado sexan favorables, o novo Plan Bolonia está intentando facer este tipo de traballos en grupo algo común na nosa formación, pero é realmente complicado reunirse e adaptarse as decisión de todo o mundo.
Noel Eiras Gándara
Creo que o traballo en grupo é algo imprescindible xa que dúas cabezas pensan máis que unha polo que penso que no ámbito educativo todos os docentes deben estar en contacto para así ter máis ideas e tamén para poder axudar todos xuntos ós nenos.
Creo que o traballo en equipo é fundamental e a vez moito máis productivo, xa que deste xeito podemos intercambiar ideas, discutir diferentes puntos de vista e intercambiar ideas, para así lograr uns resultados mellores para todos.
Nos como futuros docentes debemos de fomentar o ensinar a traballar en equipo os máis pequenos, para que deste modo o día de maña non teñan ningún tipo de dificultade.
El trabajo en equipo es un aspecto fundamental y muy importante a la hora de trabajar porque si se hace en grupo a parte de interaccionar con los demás, todos aportan ideas y de esas ideas todos aprenden, contribuyendo así a un aprendizaje colectivo e interactivo en el que todos aportan y aprenden.
Aprender a traballar en equipo é algo esencial hoxe en día, como futuros mestres temos que aprender a facelo xa que nos será de moita utilidade: para facer novas propostas de actividades, para saber coordinarnos pero sobre todo para saber traballar cos demais. E teremos que fomentar o traballo en equipo nos nenos e nenas para que saiban que non o teñen porque facer todo sós, que poden contar cos demais.
Judit Fernández López
Moitas veces as persoas pensamos que traballar en equipo é algo moi sinxelo e que aínda é máis doado que facelo de forma autónoma, pero eu considero que este pensamento é totalmente erróneo! traballar en equipo require máis "esforzo" xa que esixe diálogo entre os integrantes do grupo de traballo e chegar a un conclusión global e común sobre calquera cuestión. Por moito que isto pareza doado, na práctica non o é tanto, por iso considero que se debe fomentar o traballo colaborativo dende a infancia.
Cristina Álvarez Estévez
Publicar un comentario