sábado, 19 de noviembre de 2011

Pensa en elo

Aínda que este curto está incluído noutro post, editeino porque é algo sobre o que todos os docentes debemos de reflexionar e moito.

6 comentarios:

Rebeca Montes dijo...

Este vídeo tiene toda la razón la manera de enseñar a penas ha cambiado en los últimos 50 años, nos siguen educando igual que a nuestros padresy abuelos. De ahí que en la mayoría de las ocasiones los niños no presten atención porque lo que les estamos contando les aburre y no les interesa. Deberíamos cambiar la manera de enseñar y hacerlo mediante recursos como las TIC que sí gustan a los niños y atraen su atención. Quitando de ellas, un buen partido para que los niños atiendan, aprendan y no se aburran en clase.

Andrea López Sanjorge dijo...

Este vídeo representa claramente unha situación que se da nas aulas e que vai crecendo pouco a pouco, pois os docentes non botan man dos recursos actuais, senón que seguen utilizando os mesmos métodos que fai anos. Paréceme moi interesante cando o neno di que se pon de moda dicir que os nenos teñen TDAH pois, posiblemente, en moitos dos casos, o problema non está na existencia deste trastorno senón na falta de motivación do alumno. Todos deberíamos de avanzar cos tempos e cambiar o método de ensinanza, utilizando recursos que motiven os nenos para conseguir que presten atención na clase.

Cristina Álvarez Estévez dijo...

Recordo que comentei no anterior post que recolle este vídeo, pero estou de acordo en que se debe reflexionar detidamente sobre esta cuestión, xa que hoxe en día é complicado entrar nunha clase na que algún neno non teña algún trastorno como este.
Penso que isto sucede por simple comodidade do profesor, xa que é moito máis fácil para unha persoa dicir que un neno non atende nas clases porque ten TDAH que pararse a pensar en que probablemete algo se está facendo mal e que por iso o neno se mostra tan pasivo. Unha solución a isto, penso que sería ter en conta os avances que se van producindo na educación e incoprporalos a vida diaria nas aulas.
Se estamos de acordo, por exemplo, en que se produzan avances na medicina e que estes se empreguen na práctica, por que non sucede esto na educación? Por que nos aferramos a unha educación e auns métodos demasiado tradicionais que funcionaban cos rapaces de fai 35 anos pero non cos de agora? Isto é algo que se debe cambiar canto antes para así acadar a mellor educación para os nenos.
Crsitina Álvarez Estévez

Unknown dijo...

A sociedade mudou, e comezou a demandar unha serie de competencias que nos tempos dos nosos avós nin sequera nos plantexavamos, de ahi a importancia de que xurdan novos métodos de ensinanza que estean acordes as necesidades que os nosos nenos precisan, para deste modo evitar a monotonía e mailo aburrimento dos nenos, que posteriormente se convertira nun fracaso escolar.

Nos como futuros mestres debemos de motivar a paixón polo aprendizaxe, non centrarnos exclusivamente nos libros. Non nos deben de importan as notas, o que de verdade importa é o proceso de aprendizaxe e que o propio alumno sexa participe deste proceso. A motivación é un dos piares da aprendizaxe

David Bobillo Añel dijo...

Temos que facer propostas que resulten interesantes aos nenos. Por iso un docente debe de actualizarse continuamente e estar informado das últimas novidades do que os rapaces fan. Hoxe en día vivimos nun mundo claramente influído polas NNTT, pois nós como futuros docentes debemos de empregalas! Iso si elas non poden ser o único recurso que utilicemos senón un máis.
Un saúdo
David Bobillo Añel

Noelia Pérez López dijo...

En realidade, os métodos de ensinanza casi non cambiaron nos últimos anos e hoxe en día temos á nosa disposición numerosas ferramentas que os docentes deberían empregar para motivar aos cativos. Ademais, considero que se nos primeiros anos de vida, osea na etapa infantil, os nenos están acostumados a divertirse e a pasalo ben, unha vez que comecen co seguinte ciclo pode que lles aburran as clases docentes, que é o que acontece neste vídeo. Por esta razón estou de acordo cos meus compañeiros; temos a nosa disposición as TIC que poderemos empregalas de diferentes maneiras que nos permitan motivar aos máis pequenos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...