jueves, 10 de noviembre de 2011

Wikiespellos

A profesora Uxía Acuña Abalde do CEIP de Aguiño - Ribeira (A Coruña) recibiu o 2º Premio "Francisco Giner de los Rios" para a etapa de 2º ciclo de Educación Infantil dotado con 15.000 € co traballo «Wikiespellos: unha Wikiexperiencia de construción de espazos colaborativos e creativos de aprendizaxe en Educación Infantil».
Un traballo tan interesante debe ser coñecido polo alumnado do Grao Infantil.



Wikiespellos é o nome da wiki utilizada para o proxecto desenvolvido nun obradoiro de estimulación oral para os nenos de Educación infantil de 5 anos.


Toda a wiki é impresionante pero vos recomendo "A cara é o espello da alma" click aquí.

6 comentarios:

David Bobillo Añel dijo...

Moi interesante o traballo da profesora Uxía Acuña. O educar nas emocións ten que ser algo prioritario para os docentes. Hoxe en día fálase moito das intelixencias múltiples e dentro delas unha das que ten maior relevancia é a intelixencia emocional. Temos que aprender a controlar as nosas emocións e que os nenos e nenas aprendan tamén a controlalas. Un saúdo
David Bobillo Añel

Cristina Álvarez Estévez dijo...

Dende o meu punto de vista, todos somos conscientes da necesidade de educar emocionalmente ós nenos e de que esta educación debe de comezar canto antes. Pero por desgracia,aínda non son todos os docentes que teñen isto en conta e o levan a cabo. Esto hai que cambialo canto antes xa que as emocións están presentes a cada segundo na nosa vida e debemos aprender a educalas.
Cristina Álvarez Estévez

Unknown dijo...

A escola mudou de forma considerable, xa que a sociedade está comenzando a demandar outro tipo de cousas. Creo que é moi importante ensinarlle os máis cativos a que aprendan a controlar as súas emocións, xa que é un paso moi importante para o seu desenvolvemento.

Rebeca Montes dijo...

Me parece un trabajo de lo más elaborado y sobre todo lo bien adaptado que está a niños de infantil ya que a través de la pintura, trabajan las emociones. Me parece una idea de lo más productiva de la que se puede sacar mucho partido.
Nosotros como futuros docentes, debemos de integrar ideas como estas en nuestras futuras clases.

maria dijo...

Paréceme moi interesante o traballo eaborado por Uxía Acuña. Desde o meu punto de vista hay que educar regulando as emocións, é dicir, temos que educar aos nenos mediante as emocións, que sexan capaces de expresar os seus sentimentos, de chorar, rir... as emocións forman parte da educación e inciden moito nela. Como futuros docentes debemos fomentar o traballo das emocións na clase como medio de educación para que cada neno exprese o que sinta en todo momento.

María Blanco García

Noel Eiras Gándara dijo...

Moi interesante a iniciativa desta profesora que nos fai pensar ao resto dos docentes e futuros docentes que a educación debe ser un proceso de formación continuo para que así o alumnado que vai ao colexio siga con ilusión por aprender,xa que cada día será diferente e non será monótona a aprendizaxe.Debemos formarnos durante toda a vida, xa sexa por cursos ou por iniciativa propia.
Noel Eiras Gándara

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...